Eladio Osorio
político galego
(Redirixido desde «Eladio Osorio Castro»)
Eladio Osorio Castro, nado en Ruídos (Mazaira, Castro Caldelas) en 1943, é un político galego ligado ao PSdeG-PSOE.
Eladio Osorio | |
---|---|
Nacemento | 1943 |
Lugar de nacemento | Ruídos |
Nacionalidade | España |
Ocupación | político |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Concelleiro do PSdeG-PSOE en Castro Caldelas. Nas eleccións municipais de 1987 encabezou a candidatura do PSdeG-PSOE á alcaldía de Castro Caldelas e foi elixido alcalde con maioría absoluta. Continuou como alcalde nas sucesivas eleccións, excepto entre 1996 e 1999 cando foi destituído por unha moción de censura, sempre con maioría absoluta. En novembro de 2014 dimitiu e foi substituído por Sara Inés Vega[1].
Predecesor: José Fernández Rodríguez |
Alcalde de Castro Caldelas 1987 - 1996 |
Sucesor: José Baldonedo Enríquez |
Predecesor: José Baldonedo Enríquez |
Alcalde de Castro Caldelas 1999 - 2014 |
Sucesor: Sara Inés Vega |
NotasEditar
- ↑ "Sara Inés Vega, nova alcaldesa de Castro Caldelas". Arquivado dende o orixinal o 23 de setembro de 2015. Consultado o 08 de novembro de 2014.