Eladio Herrera

futbolista chileno

Eladio Enrique Herrera Segovia, nado en La Serena o 13 de xullo de 1984, é un exfutbolista chileno.

Eladio Herrera
Información persoal
Nome Eladio Enrique Herrera Segovia
Nacemento 13 de xullo de 1984
Lugar de nacemento La Serena
Altura 1,78 m.
Posición defensa
Carreira xuvenil
–2002 Coquimbo Unido
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2002–2007 Coquimbo Unido
2008–2011 Puerto Montt
2011–2013 Santiago Wanderers
2013–2014 Deportes Iquique
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse nas divisións inferiores do Coquimbo Unido chegando a debutar no primeiro equipo no 2002 permanecendo neste durante sete anos onde conseguiu disputar unha final que perdería ás mans do Club Unión Española.

Tras descender co seu club formador pasou a formar parte de Club de Deportes Puerto Montt. En Puerto Montt converteuse nun dos mellores defensas da liga Primera B de Chile, e chegou a ser o capitán da escuadra nalgunhas ocasións. No 2010 converteuse no terceiro goleador do cadro salmonero con seis goles[1] abríndoselle unha opción de partir ao Club Deportivo Universidad de Concepción xunto co seu técnico Jaime Vera pero finalmente permanecería no cadro da décima rexión.

A fins do 2011, malia renovar co seu club, isto quedou en nada e partiu ao Santiago Wanderers a pedido de Arturo Salah e de Héctor Robles, quen fora o seu compañeiro de equipo en Coquimbo Unido.[2] Deixou o club porteño ao non ser tomado en conta polo técnico Ivo Basay e chegou ao Club Deportes Iquique, a petición do técnico dos nortinos Jaime Vera, para o campionato nacional 2013-2014.

Clubs editar

Club País Ano
Coquimbo Unido   Chile 2002 - 2007
Deportes Puerto Montt   Chile 2008 - 2011
Santiago Wanderers   Chile 2012 - 2013
Club Deportes Iquique   Chile 2013 - 2014

Palmarés editar

Campionatos nacionais editar

Título Club País Ano
Copa Chile Deportes Iquique   Chile 2013-14

Notas editar

  1. "Puertogol deja a defensa goleador". www.ellanquihue.cl. Arquivado dende o orixinal o 05 de marzo de 2016. Consultado o 2019-12-05. 
  2. "Eladio Herrera y Boris Sandoval son los primeros refuerzos de S.Wanderers, suena con fuerza Ever Cantero" (en castelán). Consultado o 2019-12-05.