El viaje a ninguna parte (novela)

El viaje a ninguna parte é unha novela en lingua castelá de Fernando Fernán Gómez publicada en 1985. En 1986 foi levada ao cine co título homónimo, El viaje a ninguna parte.

A viaxe a ningures
Título orixinalEl viaje a ninguna parte
Autor/aFernando Fernán Gómez
OrixeMadrid
LinguaCastelán
EditorialEdiciones Cátedra (2002)
Data de pub.1985
ISBNISBN 84-376-1975-0
editar datos en Wikidata ]

Argumento editar

Trátase dunha homenaxe os cómicos e para iso , conta a historia de Carlos Galván, o fillo do director dunha pequena e familiar compañía de teatro (Iniesta-Galván) que percorre os camiños da España do franquismo.

A figura central na historia é un home de mediana idade ao que acompañan seu pai, seu fillo, unha curmá moza, outra prima e seu home; e unha medio noiva do personaxe central.

Conta a vida desta xente e de como teñen que ir cambiando coas circunstancias; como algúns deles deciden tomar outro camiño e abandonar o teatro... É interesante a figura do «jodío peliculero»; personaxe co cal Fernán Gómez narra como as pantallas de cine e os cines de barrio foron restándolle protagonismo a estas compañías de teatro.