El inocente (serie de televisión)

serie de televisión española

El inocente é unha serie de televisión española orixinal de Netflix, estreada o 30 de abril de 2021 en 190 países do mundo. A serie narra a vida dun exconvicto que trata de refacer a súa vida, non confía en case ninguén e trata de descubrir a verdade que o rodea.

El inocente

Logo da serie.
FormatoSerie de televisión
Creado porOriol Paulo
Jordi Vallejo
Dirixido porOriol Paulo
IntérpretesMario Casas
Aura Garrido
Alexandra Jiménez
José Coronado
País de orixeEspaña
Lingua(s)Castelán
Temporadas1
Episodios8
Produción
Produtor(es)
executivo(s)
Belén Atienza
Harlan Coben
Jesús de la Vega
Sandra Hermida
Eneko Lizarraga
Laura Rubirola
Oriol Paulo
Duración50 minutos (aprox.)
Emisión orixinal
Canle de orixeNetflix
Primeira emisión30 de abril de 2021
Na rede
IMDB: tt10147644 Filmaffinity: 974382 Allocine: 25097 Rottentomatoes: tv/the_innocent Netlix: 81036936Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

A serie está baseada na novela do mesmo nome de Harlan Coben, e adaptada por Oriol Paulo e Jordi Vallejo. Está protagonizada por Mario Casas, Aura Garrido, Alexandra Jiménez, Juana Acosta e José Coronado, entre outros.[1][2] Conta cunha única tempada de oito capítulos, cunha duración aproximada de 50 minutos por episodio.

Sinopse editar

Mateo Vidal, un exconvicto trata de reconducir a súa vida cando a súa muller, Olivia, recibe unha estraña chamada e desaparece posteriormente. Mateo trata de descubrir o sucedido que se relaciona co mundo da prostitución e a chantaxe.

Trama editar

Unha noite, hai nove anos, Mateo intercedeu inocentemente nunha pelexa que acabou cun homicidio neglixente. Pasado un tempo, é agora un exconvicto que se atopa preto de acadar a estabilidade na súa vida. A súa parella, Olivia, está embarazada, e os dous están a piques de conseguir a casa dos seus soños. Unha inexplicábel chamada dende o móbil de Olivia desconcerta a Mateo, que comezará unha frenética carreira por descubrir a verdade. Ademais, Lorena, unha inspectora de policía, en pleno desenvolvemento dunha investigación polo suicidio dunha monxa comeza a asistir con estrañeza aos acontecementos que se suceden, a relación co caso de Mateo e tentando encaixar todas as pezas.

Nesta serie tamén terá relevancia o papel de Teo Aguilar, da Unidade de Delitos Especiais, e o da propia Unidade que conducirán ao espectador desde a estabilidade baseada na mentira á realidade oculta que aflora cando todos a daban por pasada.

Elenco editar

Principais editar

Elenco secundario editar

  • Mima Riera como Mara Bernal
  • Jordi Coll como Ismael Vidal Rivera
  • Alejandro Albarracín como Hugo Navarro
  • Ariadna Cabrol como Eva
  • Santi Pons como Rodrigo Gallardo
  • Mireia Vilapuig como Carla
  • Martín Noriega como Max
  • Cocó Salvador como Alex
  • Eudald Font como Daniel Vera Miralles
  • Joan Pedrola como Marcos Lizarraga
  • Pedro Hernández como Roberto Aranda
  • Alex Ricart como Gonzalo
  • Alex Brull como Oscar
  • Carla Ricart como Lidia
  • Cristina Murillo como Ana
  • Alzira Gómez como Celia Abellán
  • Oriol Vila como Bruno Soto
  • Javier Beltrán como Óscar Crespo
  • Josean Bengoetxea como Comisario Oliete
  • Lluïsa Mallol como Coronel Amanda Prieto
  • Zoé Arnao como Claudia
  • Montse Morillo como Carmen
  • Nico Conde como Javi
  • David Vert como José
  • Ainhara Rodríguez como Lorena Ortiz (nena)
  • Carla Moran como Olivia costa (nena)
  • Miquel Sitjar como Toni Osias
  • Xavi Lite como Matías Oddone
  • Cristina Genebat como Bea
  • Joana Belmonte como Sofía Aguilar
  • Oriol Guinart como Carlos
  • Louise Good como Laura
  • Asia Ortega como Cassandra
  • Frank Feys como Friedman
  • Aina Planas como Paula
  • Albert Pérez como Miguel Torralba

Produción editar

En abril de 2019, Netflix anunciou a adaptación da novela de Harlan Coben El inocente, cuxo director sería Oriol Paulo e o equipo de produción estaría liderado por Belén Atienza.[3] O 22 de novembro de 2019 comezou a rodaxe da serie. Ademais, ese mesmo mes anunciáronse ao tres primeiros actores: Mario Casas, Aura Garrido e Alexandra Jiménez.[4] En outubro de 2020 anunciouse a toda a repartición principal da serie, á parte do tres actores xa anunciados: Martina Gusmán, Juana Acosta, Gonzalo de Castro, Ana Wagener, Miki Esparbé, Xavi Sáez, Anna Alarcón e Susi Sánchez.[5]

Promoción editar

A principios de abril de 2021, anunciouse a data de estrea da serie, sendo o venres, 13 de abril de 2021.[6] Poucos días antes da estrea, a serie comezou a publicitarse nas principais canles españolas (Telecinco, Antena 3) a modo de anuncio publicitario. Ademais, os principais actores asistiron como convidados a programas como El Hormiguero en Antena 3[7] ou Late Motiv en #0[8] para promocionar a serie. O cartel e tráiler da serie foron publicitados en Times Square de Nova York.[9]

Notas editar

  1. "Netflix anuncia el inicio de ‘El inocente’, su nueva serie española" (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  2. "Alexandra Jiménez, Mario Casas y Aura Garrido protagonizarán 'El inocente' en Netflix" (en castelán). Consultado o 4 de novembro de 2020. 
  3. "'El inocente' y 'Los favoritos de Midas', con Luis Tosar, son las nuevas series españolas de Netflix" (en castelán). Formula TV. 4 de abril de 2019. Consultado o 29 de abril de 2021. 
  4. "El inocente - anuncio" (en castelán). About Netflix. 22 de novembro de 2019. Consultado o 29 de abril de 2021. 
  5. Vallejo, J. (27 de outubro de 2020). "El inocente de Netflix confirma todo su reparto" (en castelán). Cultura en serie. Consultado o 29 de abril de 2021. 
  6. Onieva, Álvaro (6 de abril de 2021). "‘El inocente’, con Mario Casas y José Coronado, ya tiene tráiler y fecha de estreno en Netflix" (en castelán). Fuera de series. Consultado o 29 de abril de 2021. 
  7. "Disfruta de la entrevista completa de Mario Casas y José Coronado en 'El Hormiguero 3.0'" (en castelán). Antena 3. 27 de abril de 2021. Consultado o 29 de abril de 2021. 
  8. "Late Motiv - Mario Casas. El inocente" (en castelán). Youtube. 28 de abril de 2021. Consultado o 29 de abril de 2021. 
  9. Garrido, Aura (28 de abril de 2021). "Publicación de Aura Garrido en Instagram sobre El inocente". Instagram (en castelán). Consultado o 29 de abril de 2021. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar