El alcalde de Zalamea
El alcalde de Zalamea (O alcalde de Zalamea), cuxo título orixinal era El garrote más bien dado, é unha obra teatral do Século de Ouro de Pedro Calderón de la Barca.
El alcalde de Zalamea | |
---|---|
Autor/a | Pedro Calderón de la Barca |
Orixe | España |
Lingua | lingua castelá |
[ editar datos en Wikidata ] |
Sinopse
editarA trama desenvólvese en Zalamea de la Serena, unha vila da provincia de Badaxoz, durante o verán de 1580, ano no cal Filipe II manda un exército cara a Portugal para reclamar os seus dereitos dinásticos sobre a Coroa Portuguesa. O capitán dunha bandeira do terzo aloxado na vila séntese enormemente atraído pola filla dun labrego adiñeirado que posteriormente será nomeado alcalde. Tras varias artimañas os seus plans para ver a moza son truncados polo comandante do terzo, Lope de Figueroa; así que cando as tropas abandonan a vila decide volver cuns poucos soldados fieis e raptar a labrega, a quen logo forza. O capitán é prendido polo pai da moza, xa ordenado alcalde, e a parte seguinte baséase no intento de reclamar xustiza e recuperar a honra familiar por métodos non-convencionais que consistirían en matar a súa propia filla. Un alcalde non tiña xurisdición sobre delitos cometidos por militares, pero habilmente demorou a Lope de Figueroa, que reclamaba o cativo, ata a chegada do Rei; grazas a un afortunado discurso do alcalde, permite que este teña xurisdición sobre o capitán.
Personaxes
editar
|
|
Os acontecementos na realidade
editarCalderón de la Barca pon en boca de Pedro Crespo que a historia é verdadeira ó final da obra, pero non chegou até a actualidade ningunha testemuña sobre os sucesos nin sobre a presenza dunha bandeira en Zalamea. As andainas de Filipe II pola zona nesas épocas están perfectamente constatadas chegando a hospedarse uns meses en Badaxoz.
Repercusións na actualidade
editar- Con motivo do cuarto centenario do nacemento de Calderón de la Barca Correos emitiu o 17 de novembro do 2000 un selo de 60 céntimos cuxo motivo principal foi El alcalde de Zalamea.[1]
- Dende 1994 a obra é representada a terceira semana de agosto en Zalamea de la Serena. Nun grande espazo ó aire libre no cal participan uns cincocentos veciños da localidade, e con capacidade para un público de máis de 2500 persoas. En 2008 foi cualificada Festa de Interés turístico Rexional.[2]
Notas
editar- ↑ correos.es LITERATURA ESPAÑOLA. PERSONAJES DE FICCIÓN
- ↑ ""El alcalde de Zalamea". ABC (en castelán). 12 de agosto de 2009. Arquivado dende o orixinal o 29 de xuño de 2012. Consultado o 11 de marzo de 2010.
Véxase tamén
editarBibliografía
editar- Pedro Calderón de la Barca; El alcalde de Zalamea. Edición de Á.J. Valbuena-Briones, colección Letras Hispánicas, Ed. Cátedra, 1995.