El agente topo

filme de 2020 dirixido por Maite Alberdi

El agente topo é un filme de 2020 dirixido por Maite Alberdi[2] e coproducido entre Chile, os Estados Unidos, Alemaña, os Países Baixos e España. Estreouse no Festival de Cinema de Sundance na sección "World Cinema Documentary".[3] Foi escollido como candidato de Chile para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios,[4] chegando a clasificarse na lista curta de febreiro.

El agente topo
Ficha técnica
Título orixinalEl agente topo
DirectorMaite Alberdi
ProdutorMarcela Santibañez
GuiónMaite Alberdi
FotografíaPablo Valdés
MontaxeCarolina Siraqyan
Estudio
Distribuidora
EstreaFestival de Sundance: 25 de xaneiro de 2020
Duración84 minutos
Orixe Chile
Estados Unidos de América Estados Unidos
Alemaña Alemaña
Países Baixos Países Baixos
España España
XéneroDocumental
Recadación44 450 dólares[1]
Na rede
IMDB: tt11394298 Filmaffinity: 330011 Rottentomatoes: m/the_mole_agent Editar o valor em Wikidata

Foi candidato ao Goya ó mellor filme estranxeiro de fala hispana, aos Independent Spirit ao mellor documental e ao Óscar ao mellor documental.[5][6][7] Gañou o premio Ariel como mellor filme iberoamericano e o premio Platino como mellor filme documental.[8][9]

Sinopse editar

Rómulo Aitken é un detective que ten unha empresa de investigacións privadas. Unha clienta encárgalle investigar a residencia de anciáns onde vive a súa nai pensando que pode ser maltratada. Rómulo adestra a Sergio Chamy, un home de 83 anos que xamais traballou como detective para vivir tres meses infiltrado na residencia.[10][11]

Produción editar

Tras recibir fondos do Consejo Nacional de Televisión, do Ministerio das Culturas, das Artes e do Patrimonio e da CORFO, o documental completou o seu financiamento coas cadeas IPBS dos Estados Unidos e SWR de Alemaña e o IDFA Bertha Fund dos Países Baixos, ademais dos coprodutores españois.[12]

As personaxes son os residentes do fogar San Francisco en El Monte (Rexión Metropolitana de Santiago), e o filme adaptouse a eles máis que eles ao proxecto. Por exemplo, incluíuse o falecemento dunha residente que ocorreu durante a rodaxe e a aprendizaxe real de WhatsApp por parte do axente.[13]

A esixencia de mesturar aspectos documentais e ficticios implicou a realización dun gran número de planos, e a rodaxe de escenas durou ata seis horas. As escenas montábanse pola noite en determinados espazos, como o comedor, que o equipo de filmación non podía empregar durante o día.[13]

Notas editar

  1. "The Mole Agent". The Numbers. Consultado o 23 de decembro de 2020. 
  2. "'The Mole Agent' Review: Undercover, Where You Least Expect Him". The New York Times. Consultado o 23 de setembro de 2020. 
  3. "'The Mole Agent': Sundance Review". ScreenDaily. Consultado o 23 de setembro de 2020. 
  4. ""El Agente Topo" será el representante de Chile en los premios Oscar". Fotech. 19 de novembro de 2020. Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  5. Varas Zamora, Gabriela (18 de xaneiro de 2021). ""El agente Topo" es nominada al Premio Goya a mejor película iberoamericana". emol. Consultado o 15 de marzo de 2021. 
  6. Davis, Clayton (26 de xaneiro de 2021). "How the Film Independent Spirit Nominations Could Affect the Oscars Race". variety.com (en inglés). Consultado o 27 de xaneiro de 2021. 
  7. AMPAS (2021). "The 93rd Academy Awards (2021) - Documentary (Feature)". www.oscars.org (en inglés). Consultado o 15 de marzo de 2021. 
  8. Contreras, Emilio (27 de setembro de 2021). ""El Agente Topo" triunfa en los Premios Ariel y se lleva importante reconocimiento". biobiochile. Consultado o 26 de setembro de 2021. 
  9. Guerra, Ignacio (4 de outubro de 2021). ""El Agente Topo" y Alfredo Castro triunfan en los Premios Platino y se llevan tres galardones". emol. Consultado o 24 de outubro de 2021. 
  10. "The Mole Agent: the story of the most unusual documentary of the year". The Guardian (en inglés). Consultado o 23 de setembro de 2020. 
  11. Cinechile. "El agente topo" (en castelán). Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  12. Capdevila, Constanza (11 de abril de 2021). "Con fondos de Chile, Estados Unidos, Alemania, Holanda y España: Cómo se financió El agente topo". litoralpress (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 25 de abril de 2021. Consultado o 11 de abril de 2021. 
  13. 13,0 13,1 Semana (2021-03-04). "‘El agente topo’: un documental que roza con la ficción". Semana.com Últimas Noticias de Colombia y el Mundo (en castelán). Consultado o 2021-03-05. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar