El Zumbido
El Zumbido foi un periódico editado en Noia en 1880.
El Zumbido | |
---|---|
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia e características editar
Subtitulado Periódico semanal, apareceu o 15 de xaneiro de 1880. Publicábase os días 1, 8, 15 e 22 de cada mes. Fundado por Mariano Medina Cabezudo, Jesús María Rodríguez Vázquez e Venancio Vidal Reino, que foron os seus redactores. Jesús María Rodríguez exerceu como director. Nas súas páxinas viron a luz un artigo anónimo solidarizándose con Curros Enríquez pola sentenza condenatoria do xulgado de Ourense, anuncios da segunda edición de Aires da miña terra e un conto, en galego, de Faustino Romero Blanco. Foi rival do periódico El Tambre. O último número coñecido, o 41, foi editado o 15 de novembro de 1880.
Véxase tamén editar
Bibliografía editar
- Santos Gayoso, Enrique (1990). Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada: Do Castro. p. 602. ISBN 84-7492-489-8.