El Show de Joan Monleon
El Show de Joan Monleon foi un programa de variedades na Televisió Valenciana presentado por Joan Monleon (actor e cantante en grupos como Els Pavesos).
El Show de Joan Monleon | |
---|---|
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. |
Características
editarComezou durante a primeira etapa de Canal 9-TVV e mantívose en antena ata 1992, logrando unha gran popularidade e converténdose nun mito da televisión no País Valenciano.
Incluía concursos como a guanyar diners (a gañar diñeiro), proba na que participaban persoas do público e que consistía en elixir unha serie de huchas con premios escondidos, on sonen hui les nostres campanes (onde tanxen hoxe as nosas campás), onde se ensinaba un campanario para que o concursante dixese a que vila pertencía, ou la paella russsa (a paella rusa), onde o concursante tiña que escoller desde a súa casa un elemento da paella-ruleta que había no plató para obte-lo premio correspondente.
Acudían invitados coma público distintas persoas e asociacións en representación cada día dun municipio do País Valenciano.