Abrir o menú principal
Ermida de El Rocío.

El Rocío é unha aldea do municipio de Almonte, na provincia de Huelva. Nela celébrase unha importante peregrinación mariana, a Romaría de El Rocío. O pobo conta con 1.635 habitantes (INE 2008), aínda que durante a romaría de Pentecoste o número de visitantes chegou a alcanzar a cifra de aproximadamente un millón de persoas.[1] A romaría está declarada actualmente de interese turístico internacional.

A primeira referencia a unha ermida con culto mariano nesta zona data da primeira metade do século XIV e atópase no Libro de montería de Afonso XI, en que se menciona unha «ermita de Sancta María de las Rocinas». En 1587 Baltasar Tercero Ruiz funda na ermida unha capelanía, e a mediados do século XVII cambia o nome de Santa María de las Rocinas a Virxe de El Rocío, fúndanse as primeiras irmandades e Almonte proclama á virxe patroa desta localidade.[2]

NotasEditar

  1. José Andrés Gallego, Antón M. Pazos, La Iglesia en la España contemporánea, Encuentro, 1999, vol. 2, páx. 264. ISBN 9788474905205
  2. María Teresa Pérez Cano, Eduardo Mosquera Adell, La protección del patrimonio edificado: catálogo de bienes inmuebles del Municipio de Almonte, Universidad de Sevilla, 2006, páx. 57. ISBN 9788447207183

Véxase taménEditar