Abrir o menú principal

El Radical (A Coruña)

El Radical foi un semanario editado na Coruña en 1931.

TraxectoriaEditar

Apareceu o 26 de xullo de 1931. Foi o voceiro do Partido Republicano Radical da Coruña. Estaba dirixido por Juan Pita Serapio. Ocupouse preferentemente da información estatal, pero tamén da actividade municipal e a vida política local, moitas veces en ton satírico. Criticou o caciquismo en Galicia e as actividades do clero e a aristocracia.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Santos Gayoso, Enrique (1990). Do Castro, ed. Historia de la Prensa Gallega 1800-1986. Sada. ISBN 84-7492-489-8.