El Noticiero Sarriano

El Noticiero Sarriano foi un semanario editado en Sarria entre 1903 e 1904.

El Noticiero Sarriano
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Semanario literario, de noticias y defensor de los intereses locales, apareceu o 23 de agosto de 1903. Dirixido por Julio Osorio e entre os seus redactores estaban Luis Neira, Matías Vázquez, Mariano Carreras, Manuel Macía e Román Díaz de Freijo. Colaboraron asiduamente Eduardo Lence-Santar, Ramón Castaño e os irmáns José e Manuel Vázquez Pereira. Imprimíase na tipografía de Gerardo Castro. Foi unha publicación de vida efémera que cesou en 1904.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Teijeira Fanego, Mari Paz; Torre Rioyo, María de la (1997). A prensa en Lugo: dous séculos de historia. Lugo: Deputación Provincial. pp. 355–358. ISBN 84-8192-110-6.