El Guincho

músico español

El Guincho é un proxecto do músico, produtor e dj canario Pablo Díaz-Reixa. Autor de catro álbums de estudio, acadou popularidade como produtor co traballo de Biophilia para a islandesa Björk. [1] A publicación de referencia e crítica musical estadounidense Pitchfork describía o seu traballo como aquel que "enaltece os mellores valores musicais do pop", da "música étnica", con "harmonías inimaxinábeis". O seu álbum Alegranza foi avaliado como mellor novo álbum no 2007.[2]

Pablo Díaz-Reixa
El Guincho. Á dereita no escenario da Illa de San Simón.jpg
El Guincho. Á dereita no escenario do festival Sinsal da Illa de San Simón, ano 2016
OrixeAs Palmas de Gran Canaria,
Período2006 - presente
Xénero(s)electrónica, balearic, indietrónica
Páxina webhttps://soundcloud.com/pablodiazreixa

O seu videoclip Bombay foi gravado en 2010 por CANADA quen produciu o clipe para a canción homónima dirixido por Nicolás Méndez para El Guincho que se viralizou de forma extraordinaria acadando as 600 mil visitas.[3]

TraxectoriaEditar

Pablo Díaz-Reixa nace no 1983 nas Palmas de Gran Canaria. Estuda Comunicación Audiovisual. Comeza tocando a batería e percusión na banda Coconot [4] e no colectivo La Orquesta de la Muerte. A avóa, pianista e profesora de música, inspira a Pablo e ao seu primo Toni Díaz, tamén músico, colaborador de Christina Rosenvinge, fundador do grupo Solo Astra e integrante de Cupido, xunto ao trapeiro Pimp Flaco.

En 2005 o músico adica o ano a mellorar na técnica do sampleado, ano que publica o CD «Folías», un disco de folk-pop na honra da danza folclórica canaria. Xa no 2007 prosigue co disco «Allegranza», nome dunha pequena illa do arquipélago, terceiro mellor disco do ano para Rockdelux. Máis tarde, no 2010, «Pop Negro», dentro do contexto do pop electrónico internacional liderado por Animal Collective, promóvese como mellor disco do ano para as revistas «Mondosonoro» e «Rockdelux». O comezo dos seus traballos como produtor retrasan o seu cuarto traballo, «Hiperasia» publicado en 2016. Grabado co Melodyne (ferramenta de tratamento sonoro, similar ao Autotune) o disco lanzouse no formato dunha pulseira que daba acceso á escoita nunha web privada, xunto cunha experiencia 3D e unha película «HiperAsia, La Aventura Lírica Animada».

No ano 2018 co-produce xunto á artista Rosalía «El Mal Querer» cunhas vendas certificadas por riba das 40000 unidades e número 1 en Youtube e Spotify. [5]

DiscografíaEditar

ÁlbumsEditar

  • Folías (2006, DC/Luv Luv)
  • Alegranza (2007, Discoteca Océano, Junk)
  • Pop negro (2010, Young Turks)
  • Hiperasia (2016, Everlasting Records, Canada Editorial)

EPEditar

  • Antillas 1
  • Antillas 2
  • Kalise 1
  • Kalise 2

VersiónsEditar

  • Piratas de Sudamérica, Vol 1
  1. ‘Hindou’ (de Orefiche e Valdespi)
  2. ‘Cuerpo sin Alma’ (tradicional)
  3. ‘Mientes’ ft. Julieta Venegas (de Miguel Matamoros)
  4. ‘Frutas del Caney’ (de Félix Benjamín Caignet)
  5. ‘Marimba’ ft. Adrián de Alfonso (de Noro Morales e Miguelito Valdés)

NotasEditar

  1. "björk.com/unity". web.archive.org. 2007-03-05. Consultado o 2019-02-06. 
  2. "El Guincho - Albums, Songs, and News". Pitchfork (en inglés). Consultado o 2019-02-06. 
  3. "El Guincho 'Bombay'". 2010-09-25. Consultado o 2019-02-06. 
  4. Coconot (en castelán)
  5. El Mal Querer(en castelán)

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar