El Gallego (Lugo)

El Gallego foi un periódico editado en Lugo en 1867 de curta vida.

El Gallego
LocalidadeLugo
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Periódico de intereses generales, apareceu o 23 de xullo de 1867.[1] Tiña como lema o engrandecemento de Galicia en todas as ordes. Creado por Manuel Soto Freire, o secretario de redacción era Lorenzo Gómez Quintero e entre os seus redactores estaban Carlos Vaamonde, Juan Fernández de Prado, Miguel Gil Tomé, Joaquín Pérez, Primo Feliciano Salgado, Primo Castro Pita, Segundo Plá Huidobro, Antonio Gaite.

Dende o número 32 deixou de ser impreso por Soto Freire, sendo substituída a súa impresión polos talleres de José Pujol y Báffer, de orixe mallorquina, e figurando como director Antonio Magín Pla.[2] Incluíu información xeral, noticias de Galicia, despachos telegráficos e algúns textos literarios. Cesou a súa publicación co número 36, o 10 de decembro de 1867.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Teijeira (1997); p. 49
  2. Teijerira (1997); p.50

Véxase tamén editar

Bibliografía editar