El Eo foi un periódico publicado en Ribadeo entre 1879 e 1880.

El Eo
editar datos en Wikidata ]

Características editar

Subtitulado Periódico bisemanal de intereses generales, noticias y anuncios, apareceu o 4 de xuño de 1879. Fundado por Antonio Fernández Caro Ruiz, que foi o seu primeiro director, a quen sucederon Andrés de la Cavallería e José María Páez Cancio. Durante a etapa inicial ten influencias masónicas, representadas polos artigos de Moreno Barcia e do vizconde Torres Sdaniot. No período de Andrés de la Cavallería pasou a ser republicano. Baixo a dirección de Páez Cancio converteuse nun periódico localista. Cesou a súa edición co número 167, o 28 de decembro de 1880, no que anunciaba que deixaría paso ao semanario Las Riberas del Eo.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar