El Eco de Redondela

El Eco de Redondela foi un periódico publicado en Redondela en 1883.

El Eco de Redondela
LocalidadeRedondela
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulado Semanario de intereses generales, apareceu o 6 de setembro de 1883. Saía todos os xoves. Entre os seus redactores figuraban José Jacinto Mos Táboas, Manuel Mos Táboas e Juan Manuel Otero Milleiro. O administrador era Pedro Otero Milleiro.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela: Concello. ISBN 84-8302-720-8.