El Coronil
El Coronil é un concello andaluz da provincia de Sevilla.
Localización | ||||
---|---|---|---|---|
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Andalucía | |||
Provincia | Provincia de Sevilla | |||
Capital | El Coronil (en) | |||
Poboación | ||||
Poboación | 4.690 (2023) (51,18 hab./km²) | |||
Xeografía | ||||
Parte de | ||||
Superficie | 91,64 km² | |||
Altitude | 117 m | |||
Comparte fronteira con | ||||
Organización política | ||||
• Alcalde | Jerónimo Guerrero Jiménez (en) | |||
Identificador descritivo | ||||
Código postal | 41760 | |||
Fuso horario | ||||
Código INE | 41036 | |||
Páxina web | elcoronil.es | |||
Xeografía
editarNo ano 2007 contaba con 5045 habitantes. A súa extensión superficial é de 92 km² e ten unha densidade de 54,8 hab./km². Atópase situada a unha altitude de 117 msnm e a 53 quilómetros da capital provincial, Sevilla.
O seu alargado termo municipal crúzano entre outras correntes, o río Guadalete e o arroio Salado. O núcleo urbano localízase na parte norte do termo e está bordeado pola estrada A-376. O xentilicio dos seus habitantes é o de coronileños.
Historia
editarOs vestixios arqueolóxicos máis antigos que se coñecen corresponden ao Calcolítico. Desa etapa é un dolmen que se acha enterrado nas inmediacións da zona coñecida como "El Calvario". Tamén existen no seu termo asentamentos do Bronce Final e os restos romanos son moi numerosos, aínda que a distribución xeral da súa parte antiga pertence ao século XV, xusto logo da súa fundación en 1381.
Digno de mención na historia da vila é o esplendor do século XVIII grazas á potente industria manufactureira dos produtos agrícolas que se daban na zona. El Coronil foi berce de personaxes relevantes no ámbito empresarial e político por exemplo a familia Candau. Na década de 1950 chegaron a constar no censo uns 10.000 habitantes. Desde entón e ata hoxe esta cifra foi descendendo progresivamente.
Monumentos
editar- Igrexa de Nuestra Señora de Consolación
- Castelo das Aguzaderas
- Castelo da Villa
- Antiga Casa Palaciana de D. Diego Quebrado (Actual Casa da Cultura)
- Casa brasonada. Rúa Ricardo Candau nº 4
- Capela da Virxe dos Remedios
- Capela da Vera Cruz
- Capela do Calvario
- Castelo das Aguzaderas
- Casa de "la Marcela"
- Casa solariega da rúa Real-Praza Vieja
- Torre de almazara
- Pozo del Morisco
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: El Coronil |
- Página web con información sobre El CoronilArquivado 04 de setembro de 2013 en Wayback Machine.
- El Coronil - Sistema de Información Multiterritorial de Andalucía
- Patrimonio cultural de El Coronil na Base de datos do Patrimonio Inmoble de Andalucía. IAPH