Abrir o menú principal

El Contribuyente foi un semanario publicado en Redondela en 1902.

Historia e característicasEditar

Subtitulado Semanario defensor de las sociedades de marineros, propietarios y labradores de este distrito, apareceu o 12 de xaneiro de 1902. Era órgano de expresión da Liga de Contribuyentes, vinculada ao Partido Liberal, que xa editara en 1898 o Boletín de la Liga de Contribuyentes del Partido de Redondela. Saía os domingos. Estaba dirixido por Alejo Real Soto. Entre os seus colaboradores figuraban Juan Manuel Otero Milleiro e Antonio Garrido Otero.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Amoedo López, Gonzalo; Gil Moure, Roberto (2001). Concello, ed. A prensa en Redondela. Aproximación histórica 1883-1933. Redondela. pp. 32–34. ISBN 84-8302-720-8.