El Avia Ilustrado

El Avia Ilustrado foi un periódico editado en Ribadavia entre 1897 e 1900.

El Avia Ilustrado
LocalidadeRibadavia
editar datos en Wikidata ]

Historia e características editar

Subtitulada Revista semanal, apareceu o 5 de setembro de 1897. Veu substituír a El Obrero. Saía aos domingos. Fundado por Máximo Rodríguez Martínez, estaba dirixida por Máximo Tomé González. Entre os seus colaboradores figuraron Salvador Rueda, Sofía Casanova e Rafael Abellán. Tiña as seccións: "Ecos noticieros", "Ecos del mundo", "Historieta" e "Modas". Incluía fotografías e debuxos de paisaxes e obras de arte, e unha sección de humor e información cultural. Cesou a súa publicación co número 190, o 13 de febreiro de 1900.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar