Eohric ou Eric de Anglia Oriental (inglés antigo: Eohric; nórdico antigo: Eiríkr), finado en 902, foi un xefe viquingo de orixe danesa que gobernou o Danelaw tras a morte de Guthrum I no ano 890, ambos procedían da segunda horda viquinga que invadiu Inglaterra e se coñece como o grande exército de verán[1].

Infotaula de personaEohric
Biografía
Morte13 de decembro de 902 Editar o valor em Wikidata
Holme (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte en combate Editar o valor em Wikidata
Monarca
Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónmonarca Editar o valor em Wikidata
Carreira militar
ConflitoBatalla do Holme Editar o valor em Wikidata
Familia
PaiGuthrum I de Anglia Oriental Editar o valor em Wikidata
Cronoloxía
13 de decembro de 902Batalla do Holme Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Pouco se sabe sobre o seu reinado que durou doce anos pois as crónicas contemporáneas non aportan moita luz sobre o seu papel na política anglosaxoa, ata que no ano 899 Eric toma partido na guerra civil pola sucesión do trono do reino de Wessex tra a morte de Alfredo o Grande apoiando ao príncipe Aethelwold, fillo de Aethelred I (irmán máis vello de Alfredo), que reclama o trono fronte ao herdeiro de Alfredo, Eduardo.

Segundo a crónica anglosaxoa, Aethelwold refúxiase en territorio escandinavo e ofrécenlle un título como jarl dos gobernantes de Jórvik, Sigfrøðr e Knútr que gobernaban en diarquía.

Eduardo albisca un sanguento desenlace e prefire de momento non participar no conflito, pero os seus aliados do reino de Kent ven a alianza como unha ameaza aos seus intereses e deciden enfrontarse aos exércitos hostís do rebelde Aethelwold e os daneses na batalla do Holme, o 13 de decembro de 902. Os viquingos venceron pero tanto o pretendente de Wessex, Aethelwold como o rei viquingo Eohric morren no campo de batalla.

Notas editar

  1. Per Ullidtz (2014), 1016 The Danish Conquest of England, BoD – Books on Demand, ISBN 8771457208 p. 223.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar