Edward Wadie Said (en árabe: إدوارد وديع سعيد |wædiːʕ sæʕiːd|, Idwārd Wadīʿ Saʿīd), nado en Xerusalén o 1 de novembro de 1935 e finado en Nova York o 24 de setembro de 2009, foi un profesor de literatura na Universidade de Columbia, intelectual e fundador do campo dos estudos poscolonialistas.[1] Palestino-estadounidense nado no Mandato británico de Palestina, era cidadán estadounidense a través do seu pai, veterano do exército estadounidense.

Infotaula de personaEdward Said

Editar o valor em Wikidata
Nome orixinal(en) Edward Wadie Said Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1 de novembro de 1935 Editar o valor em Wikidata
Xerusalén, Israel Editar o valor em Wikidata
Morte25 de setembro de 2003 Editar o valor em Wikidata (67 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor em Wikidata
Causa da morteMorte natural Editar o valor em Wikidata (Leucemia Editar o valor em Wikidata)
Datos persoais
País de nacionalidadeEstados Unidos de América
Mandato británico de Palestina Editar o valor em Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard
Victoria College (en) Traducir
Northfield Mount Hermon School (en) Traducir
Universidade de Princeton
St. George's School, Jerusalem (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Lugar de traballo Nova York
O Cairo Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritor , musicólogo , politicólogo , tradutor , filósofo , crítico literario , xornalista , investigador Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Columbia Editar o valor em Wikidata
Membro de
Influencias
LinguaÁrabe e lingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables
Arquivos en
Familia
CónxuxeMaire Jaanus (en) Traducir (1962–1970)
Mariam C. Said (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
FillosNajla Said (pt) Traducir
 () Mariam C. Said (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
IrmánsRosemarie Said Zahlan (en) Traducir e Jean Said Makdisi Editar o valor em Wikidata
ParentesKhalil Beidas (second uncle (en) Traducir) Editar o valor em Wikidata
Premios

IMDB: nm0756429 Dialnet: 147234 WikiTree: سعيد-1 Find a Grave: 7982556 Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Said foi educado no canon occidental, en escolas británicas e estadounidenses, e aplicou a súa educación e perspectiva bicultural para iluminar os espazos de entendemento cultural e político entre o mundo occidental e o mundo oriental, especialmente sobre o conflito israelí-palestino no próximo oriente. As súas principais influencias foron Antonio Gramsci, Frantz Fanon, Aimé Césaire, Michel Foucault e Theodor Adorno.[2]

Como crítico cultural, é coñecido polo seu libro Orientalism (1978), crítica das representacións culturais que son a base do orientalismo, como o mundo occidental percibe Oriente.[3][4][5][6] O modelo de Said da análise textual transformou o discurso académico dos investigadores na teoría literaria, a crítica literaria e os estudos do próximo oriente, como os estudosos examinan, describen e definen as culturas que están a ser estudadas.[7][8] Como texto fundacional, Orientalism foi controvertido entre os investigadores dos estudos orientais, a filosofía e a literatura.[2][9]

Como intelectual, Said foi un membro controvertido do Consello Nacional Palestino, porque criticou publicamente a Israel e os países árabes, especialmente a política e a política cultural dos réximes musulmáns que actuaron contra os intereses nacionais dos seus pobos.[10][11] Said avogou polo establecemento dun estado palestino para asegurar as políticas de igualdade e os dereitos humanos dos palestinos en Israel, incluído o dereito de retorno á súa patria. Definiu a relación oposta ao status quo como a xurisdición do intelectual público, que ten que "peneirar, xulgar, criticar, escoller, para que a escolla e a axencia volva ao individuo".

En 1999, co seu amigo Daniel Barenboim, cofundou a West–Eastern Divan Orchestra, con sede en Sevilla, que comprende músicos novos israelís, palestinos e árabes. Ademais de estudoso, Said era tamén pianista, e coescribiu o libro Parallels and Paradoxes: Explorations in Music and Society (2002), compilación das súas conversas sobre a música.[12]

Said faleceu de leucemia o 24 de setembro de 2003.[10][13]

Honores e premios editar

Ademais de honras e pertenzas a institucións e organizacións de prestixio de todo o mundo, Said recibiu uns vinte graos universitarios de honra no transcurso da súa vida profesional como académico, crítico e home de letras.[14] Entre os premios que lle foron concedidos está o premio Bowdoin da Universidade Harvard. Recibiu o Lionel Trilling Book Award en dúas ocasións, o premio Wellek da American Comparative Literature Association e o primeiro Spinoza Lens Prize.[15] En 2001, Said recibiu o Lannan Literary Award e en 2002, o Premio Príncipe de Asturias da Concordia. Foi o primeiro cidadán estadounidense que recibiu o premio Al Owais (por investigacións culturais e científicas, 1996–1997).[16] A súa autobiografía Out of Place (1999) recibiu tres premios, New Yorker Book Award para non ficción (1999), o Anisfield-Wolf Book Award para non ficción (2000) e o Morton Dauwen Zabel Award de literatura.[17]

Notas editar

  1. Robert Young, White Mythologies: Writing History and the West, Nova York e Londres: Routledge, 1990.
  2. 2,0 2,1 Ian Buchanan, ed. (2010). "Said, Edward". A Dictionary of Critical Theory. Oxford: Oxford University Press. 
  3. Ferial Jabouri Ghazoul, ed. (2007). Edward Saïd and Critical Decolonization. American University in Cairo Press. pp. 290–. ISBN 978-977-416-087-5. Consultado o 19 de novembro de 2011. Edward W. Saïd (1935–2003) was one of the most influential intellectuals in the twentieth century. 
  4. Zamir, Shamoon (2005). "Saïd, Edward W.". En Jones, Lindsay. Encyclopedia of Religion, Second Edition 12. Macmillan Reference USA, Thomas Gale. pp. 8031–32. Edward W. Saïd (1935–2003) is best known as the author of the influential and widely-read Orientalism (1978) ... His forceful defense of secular humanism and of the public role of the intellectual, as much as his trenchant critiques of Orientalism, and his unwavering advocacy of the Palestinian cause, made Saïd one of the most internationally influential cultural commentators writing out of the United States in the last quarter of the twentieth century. 
  5. Gentz, Joachim (2009). "Orientalism/Occidentalism". Keywords re-oriented. interKULTUR, European-Chinese intercultural studies, Volume IV. Universitätsverlag Göttingen. pp. 41–. ISBN 978-3-940344-86-1. Consultado o 18 de novembro de 2011. Edward Saïd's influential Orientalism (1979) effectively created a discursive field in cultural studies, stimulating fresh critical analysis of Western academic work on "The Orient". Although the book, itself, has been criticized from many angles, it is still considered to be the seminal work to the field. 
  6. Richard T. Gray; Ruth V. Gross; Rolf J. Goebel; Clayton Koelb, eds. (2005). A Franz Kafka encyclopedia. Greenwood Publishing Group. pp. 212–. ISBN 978-0-313-30375-3. Consultado o 18 de novembro de 2011. In its current usage, Orient is a key term of cultural critique that derives from Edward W. Saïd's influential book Orientalism. 
  7. Stephen Howe, "Dangerous mind?", New Humanist, Vol. 123, novembro/decembro de 2008.
  8. "Between Worlds", Reflections on Exile, and Other Essays (2002) páx. 561, 565.
  9. Sherry, Mark (2010). "Said, Edward Wadie (1935–2003)". En John R. Shook. The Dictionary of Modern American Philosophers. Oxford: Continuum. 
  10. 10,0 10,1 Bernstein, Richard (26 de setembro de 2003). "Edward W. Said, Literary Critic and Advocate for Palestinian Independence, Dies at 67". The New York Times. p. 23. Consultado o 6 de xuño de 2013. 
  11. Andrew N. Rubin, "Edward W. Said", Arab Studies Quarterly, outono de 2004: páx. 1. Consultado o 5 de xaneiro de 2010.
  12. Democracy Now!, "Edward Saïd Archive" Arquivado 08 de novembro de 2009 en Wayback Machine., DemocracyNow.org, 2003. Consultado o 4 de xaneiro de 2010.
  13. Barsamian, David (16 de novembro de 2001). "Interview with Edward W. Said". Progressive.org. 
  14. The English Pen World Atlas, "Edward Said" Arquivado 27 de xullo de 2011 en Wayback Machine., consultado o 3 de xaneiro de 2010.
  15. Spinozalens, Internationale Spinozaprijs Laureates Arquivado 05 de agosto de 2008 en Wayback Machine., consultado o 3 de xaneiro de 2010.
  16. Columbia University Press, "About the Author", Humanism and Democratic Criticism, 2004.
  17. The English Pen World Atlas, Edward Said Arquivado 27 de xullo de 2011 en Wayback Machine., consultado o 3 de xaneiro de 2010.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar