Ed White

astronauta estadounidense
(Redirección desde «Edward H. White»)

Edward Higgins White II, nado en San Antonio, Texas, o 14 de novembro de 1930 e finado o 27 de xaneiro de 1967, foi un astronauta estadounidense que formou parte da misión Gemini 4 e faleceu durante as probas da Apollo 1.[1][2]

Ed White
Datos persoais
Nacemento14 de novembro de 1930
LugarSan Antonio
Falecemento27 de xaneiro de 1967
Actividade
MisiónsGemini 4
Tempo no espazo4,08 días
PremiosHarmon Trophy, Medalla de Honra Espacial do Congreso, Nacional Aviación Hall of Fame, Salón da Fama dos Astronautas dos Estados Unidos, Medalla de Servizo Distinguido da NASA e Salón Espacial Internacional da Fama
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

White graduouse en ciencias pola Academia Militar dos Estados Unidos en West Point en 1952 e en enxeñaría aeronáutica pola Universidade de Míchigan en 1959. Foi seleccionado como astronauta pola NASA en setembro de 1962, participando na misión Gemini 4 e finando durante o incendio producido nas probas da misión Apollo 1, o 27 de xaneiro de 1967.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2022). "White, Edward Higgins II" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2022. 
  2. 2,0 2,1 NASA, ed. (4 de agosto de 2006). "Detailed Biographies of Apollo I Crew - Ed White" (en inglés). Consultado o 1 de abril de 2022. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar