Eduardo Rodríguez Osorio

(Chantada, 1920-Madrid, 1995) escultor

Eduardo Rodríguez Osorio, tamén coñecido como Eduardo R. Osorio, nado en Esmeriz-Chantada o 5 de marzo de 1920 e finado en Madrid o 25 de febreiro de 1995, foi un escultor galego.

Infotaula de personaEduardo Rodríguez Osorio
Biografía
Nacemento5 de marzo de 1920 Editar o valor em Wikidata
Esmeriz, España Editar o valor em Wikidata
Morte25 de febreiro de 1995 Editar o valor em Wikidata (74 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescultor Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Páxina webesculturasosorio.es Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

 
Busto de Antolín Faraldo en Betanzos, obra de R. Osorio.

Nacido na parroquia chantadina de Esmeriz, foi o penúltimo de 11 fillos.[1] Os seus irmáns, carpinteiros e ebanistas, ensináronlle o oficio no obradoiro familiar, e vendo o seu interese pola escultura, enviárono á Escola de Artes e Oficios de Santiago de Compostela.[1] Alí coñeceu a escultores como Francisco Asorey e tivo como mestre a Manuel Beiras.[2][3]

En 1943, e co apoio da Deputación de Lugo, iniciou os estudos de Belas Artes en Madrid, na Escola Superior de Belas Artes de San Fernando, onde fixo amizade co artista Manuel Castro Gil. A continuación trasladouse a Sevilla para ampliar os seus estudos na Real Academia de Belas Artes de Santa Isabel de Hungría.[1][2] De novo en Madrid, no curso 1950-51 estudou co pontevedrés Alfonso Quinteiro e o vigués Jesús Valverde, a eles tres chamóuselles o "triunvirato galego" nos círculos artísticos e intelectuais madrileños.[3]

En 1952 a Deputación de Lugo concedeulle unha subvención extraordinaria para ampliar os seus estudos na Escola Superior de Belas Artes de París onde aprendeu de mestres coma Auguste Rodin ou Antoine Bourdelle.[3]

Escultor figurativo e realista, destacou no xénero do retrato, realizando bustos e figuras de máis dun cento de persoeiros, como Celso Emilio Ferreiro, Dionisio Gamallo, Ramón Menéndez Pidal, Camilo José Cela, Arsenio Iglesias, José Ramón Ónega, José María Rodero, Antonio Bonet Correa, Robert Redfor, Emilio Castelar, Pedro Barrié de la Maza, Manuel Fraga, Filgueira Valverde, Borobó, Manuel Castro Gil, así como pezas relacionadas coa cultura e tradición galegas.[2][4] Compaxinou os seus traballos como escultor coa docencia, dando clases en institutos de ensino medio de Ribadeo, Betanzos, Ávila e Madrid.[2]. Foi catedrático de Debuxo no Instituto Cardenal Cisneros de Madrid, no que se xubilou e logo seguiu traballando no seu estudio.

Así se definiu el: “A miña preocupación é o traballo e a superación persoal. Dedico todas as miñas obras á arte e creo que é necesario deixar pegada nesta vida...”, “a escultura é a miña vida e o artista adoita crecer ante as dificultades. Cada obra miña é unha experiencia, as miñas obras son un anaco do camiño que percorro”.[1]

Características editar

A súa escultura principalmente trata a figura humana. Son figuras reconcentradas, de redondeados contornos, con formas sinuosas e sensuais que contrastan coa sobriedade do conxunto. As súas primeiras obras enlazan coa escultura tradicional galega en materiais, formas e temas, e posteriormente a súa escultura enriquécese ao adoptar unhas formas máis simples e novas.[5]

Nas súas maternidades, as composicións que máis se repiten na súa obra, represéntase á muller como muller-nai-terra. A muller ten moita importancia na súa obra, o concepto da muller como nai, creadora de vida, preservadora e acolledora en comuñón coa terra, tamén feminina.[6]

Outra etapa posterior é aquela que desenvolve despois da realización do busto a Félix Rodríguez de la Fuente na que os animais son os protagonistas, tratados dun modo realista, con certa abstracción e simplicidade. Nos seus retratos reproduce o que é, pero extraendo o profundo psicolóxico. Realizou máis de douscentos retratos, sendo un dos grandes e poucos artífices do que fose o denominado “Renacemento da escultura española do século XX”, o seu interese artístico tamén enaltece o esencial, sen que este afán sexa nunca sinonimia de simplismo. Valéndose das armas plásticas do Impresionismo e o Expresionismo, deixa sentir, tanto en cada peza como no conxunto de toda a súa produción, o carácter do ibérico e a alma galega.[5]

Obra pública editar

Entre outros:

Exposicións[8][9] editar

  • 1971: Sala de Exposiciones – Obra Cultural de la Caja de Ahorros de Ávila.[10]
  • 1982: “Exposición Didáctica” – Sala de Claustros I.B.C. CISNEROS -, Madrid.
  • 1982: Galería “Rembrandt”, Madrid.
  • 1984: Sala do Palacio Provincial de San Marcos – Deputación de Lugo -, Lugo.
  • 1985: “Sala Dos” – Caja de Ahorros de Cuenca e Cidade Real - , Cuenca.
  • 1986: Galería “Aachen Gallery”, Madrid.
  • 1987: Sala de Exposicións – Obra Social Caixa Galicia – Santiago Compostela.
  • 1988: Sala de Exposicións “Barquillo” – Obra Cultural Caja de Madrid.
  • 1989: Sala de Exposicións – Obra Cultural de Caixa Ourense – Ourense.
  • 1992: Casa de Cultura, Concello de Chantada, Lugo.
  • 1993: Terceiro Congreso Internacional Empresarios Galegos, Santiago de Compostela.
  • 1994: Casa de Galicia, “Antología de Retratos”, Madrid.
  • 1995: Palacio Municipal, “In Memoriam”, Concello da Coruña.
  • 1996: Sala de Exposicións do Ateneo Municipal de Cultura, Ayuntamiento de Guadalajara.
  • 1996: Sala de Exposicións, Ayuntamiento de Colmenar del Arroyo, Madrid.
  • 1996: “La Meridiana” - Marbella, Málaga.
  • 1996: Museo Provincial - Deputación de Lugo.
  • 1997: Sala de Arte Caja de Ávila – Obra cultural de la Caja de Ahorros de Ávila.
  • 1997: Sala de Exposiciones “Barquillo” – Obra Cultural Caja de Madrid – Madrid.
  • 1998: Centro Galego de Madrid.
  • 2006: Casa de Galicia, “Antológica de Esculturas”, Madrid.
  • 2007: Universidade Ceu San Pablo, Madrid
  • 2014: Exposición Arte Total 2.0 Internacional, Galería Atalante, Madrid.
  • 2014: Gastrobar 76, "Siempre, ternura inspirada", Madrid.
  • 2015: "Retrospectiva", Hotel Preciados, Madrid.
  • 2016: Casa da Cultura de Chantada, 25 anos despois.[11]
  • 2022: "Terra nai". Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte de Lemos. Organizada pola súa filla.[12][6]
  • 2023: "Exposición escultura", Antigas Carboeiras do Conxunto Histórico e Artístico de Sargadelos, Cervo.[13]
  • 2023: "Exposición de escultura", Galería de Arte Contemporánea La Marina - José Lorenzo, A Coruña.[14]

Premios[5] editar

  • 1945: Premio Extraordinario “Dibujo al Natural”. Real Acad. Bellas Artes S. Fernando, Madrid.
  • 1948: Premio de Escultura do Excmo. Concello de Sevilla “X Aniv. de la Escuela de Arte", Sevilla por unha obra titulada "San Francisco".
  • 1949: Primeiro Premio de Escultura na Exposición de Arte “Educación y Descanso”, Lugo.
  • 1951: Premio de Escultura do Excmo. Concello de Sevilla.
  • 1962: Primeiro Premio de Escultura no I Certame Nacional de Artes Plásticas, Lugo, por "Cabeza de mujer", que reflicte a súa muller.[1]
  • 1990: Premio de Escultura pola Xunta de Galicia, Santiago de Compostela.
  • 1993: Segundo Premio de Escultura no I Certame de Artes Plásticas, Lugo.
  • 1995: Primeiro Premio de Escultura “Cidade de Lugo” III, Certame de Artes Plásticas, Lugo.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Eduardo R. Osorio". galeriaansoar.es (en castelán). Consultado o 31 de marzo de 2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 "Eduardo Rodríguez Osorio: 100 anos do seu nacemento". 3 de marzo de 2020. Consultado o 31 de marzo de 2022. 
  3. 3,0 3,1 3,2 "Esculturas EDUARDO OSORIO: BIOGRAFÍA DEL ARTISTA". Esculturas EDUARDO OSORIO. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-29. 
  4. "Esculturas de Eduardo Rodríguez Osorio". Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2022. Consultado o 31 de marzo de 2022. 
  5. 5,0 5,1 5,2 vivalugo (2022-03-24). "Exposición homenaje al escultor Eduardo Rodríguez Osorio". Viva Lugo (en castelán). Consultado o 2022-05-29. 
  6. 6,0 6,1 Piñeiro, Miguel (2022-04-14). ""Mi padre necesitaba venir a Galicia a por inspiración y fuerza para trabajar"". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2022-05-29. 
  7. luisvilalopez (2016-04-28). "Perro guía, Plaza de Cuatro Caminos". Esculturas A Coruña (en castelán). Consultado o 2022-05-29. 
  8. "Rodriguez Osorio, Eduardo" (en castelán). Consultado o 2022-05-29. 
  9. "Bibliografía de Escultores Gallegos, Eduardo Rodríguez Osorio". www.pintoresgallegos.com. Consultado o 2022-05-29. 
  10. "Esculturas EDUARDO OSORIO: TRAYECTORIA". Esculturas EDUARDO OSORIO. Arquivado dende o orixinal o 29 de maio de 2022. Consultado o 2022-05-29. 
  11. "Osorio en Chantada, 25 años después". La Voz de Galicia (en castelán). 2016-07-16. Consultado o 2022-05-29. 
  12. "Obras del escultor chantadino Osorio en el Centro do Viño da Ribeira Sacra de Monforte". La Voz de Galicia (en castelán). 2022-03-30. Consultado o 2022-05-29. 
  13. Falcón, Pilar (2023-07-06). "El abrazo de Osorio". El Progreso de Lugo (en castelán). Consultado o 2023-07-06. 
  14. "EXPOSICIONES". Galería de Arte Contemporáneo José Lorenzo (en castelán). Consultado o 2023-07-31. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar