Eduardo García de Enterría

Eduardo García-de Enterría y Martínez-Carande, nado en Ramales de la Victoria (Cantabria) o 27 de abril de 1923 e finado en Madrid o 16 de setembro de 2013, foi un xurista español.

Eduardo García de Enterría
Nacemento27 de abril de 1923
Lugar de nacementoRamales de la Victoria
Falecemento16 de setembro de 2013
Lugar de falecementoMadrid
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade Complutense de Madrid, Universidade de Barcelona e Universidade de Londres
Ocupaciónxuíz, profesor universitario, avogado, xurista e escritor
PremiosPremio Príncipe de Asturias de Ciencias Sociais, Menéndez Pelayo International Prize, Gran Cruz de Afonso X o Sabio, Gran Cruz da Orde de San Raimundo de Peñafort, honorary doctor of the University of Zaragoza, honorary doctorate of the University of Valladolid, doutor honoris causa pola Universidade de Santiago de Compostela, doutor honoris causa pola Universidade de Extremadura, Doutor Honoris cause pola Universidade de Málaga, honorary doctorate of the University of Cantabria, Doutor Honoris causa pola Universidade de Oviedo e honorary doctorate of CEU San Pablo University
Na rede
Dialnet: 59334
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria Editar

Estudou Dereito na Universidade de Barcelona e licenciouse na Universidade Complutense de Madrid, onde ademais se doutorou. Despois ampliou a súa formación académica en Londres e na Universidade de Thüringen.

En 1947 accedeu a un posto como letrado no Consello de Estado e posteriormente obtivo as cátedras de Dereito administrativo nas Universidades de Valladolid (1957) e Complutense de Madrid (1962). Como xurista participou na redacción de anteproxectos de lei en España e colaborou como experto legal na redacción da Constitución Española de 1978.

Precisamente nese ano entrou a formar parte do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos de Estrasburgo como xuíz, e permaneceu no cargo ata 1986. Xubilouse en 1988 e pasou a ser profesor emérito da Complutense e membro do Colegio Libre de Eméritos de Madrid.

Presidiu a Fédération International pour le Droit Européen (FIDE); a Asociación Española para el estudio del Derecho europeo, e pertenceu ao consello académico da Facultade de Dereito da Universidade Harvard. Foi elixido en 1970 académico da Real Academia de Xurisprudencia e Lexislación e en 1994 Académico da Real Academia Española; o seu discurso de ingreso versou sobre os aspectos lingüísticos do Dereito Público europeo trala Revolución Francesa.

Afeccionado á obra literaria de Jorge Luis Borges, escribiu ensaios sobre o escritor arxentino e apoiou asociacións de estudo da súa obra e figura.

Obra Editar

  • Curso de Derecho Administrativo, xunto a Tomás Ramón Fernández
  • Revolución Francesa y Administración contemporánea
  • Legislación delegada, potestad reglamentaria y control judicial
  • Las formas comunitarias de propiedad forestal y su posible proyección futura
  • La administración española
  • La lengua de los derechos
  • La lucha contra las inmunidades del Poder en el Derecho administrativo
  • La batalla por las medidas cautelares
  • Código de las Leyes Administrativas
  • La responsabilidad patrimonial del Estado legislador en el Derecho español
  • Democracia, jueces y control de la Administración
  • La Constitución como norma y el Tribunal Constitucional
  • Los principios de la nueva Ley de Expropiación Forzosa
  • La responsabilidad patrimonial del Estado legislador en el Derecho español
  • Legislación delegada, potestad reglamentaria y control judicial
  • Código de la Unión Europea
  • Las transformaciones de la justicia administrativa
  • HAMLET EN NUEVA YORK: AUTORES, OBRAS, PAISAJES. ESCRITOS LITERARIOS (La Esfera de los Libros, Madrid 2008)
  • DE MONTAÑAS Y HOMBRES (Colección Austral -Nueva-, Madrid 2001)
  • FERVOR DE BORGES (Ed. Trotta, Madrid 1999)

Fundador e director da Revista Española de Derecho Administrativo desde 1974, tamén colaborou coa Rivista di Diritto Europeo dell'Economia, Yearbook of European Law, Nomos-Praxis des europäschen Rechts, Revue Trimestrielle del Droits de l'Homme, European Review of Public Law, Annuaire lnternational de Justice Constitutionnelle, Estado e Direito ou a Revista Española de Derecho Constitucional

Premios e galardóns Editar

Doutorados Honoris Causa Editar

É doutor honoris causa polas universidades de¨

Notas Editar

  1. "EDUARDO GARCÍA DE ENTERRÍA. PREMIO PRÍNCIPE DE ASTURIAS DE CIENCIAS SOCIALES 1984". fpa.es (en castelán). 22 de xuño de 1984. Consultado o 5 de xullo de 2023. 
  2. "Eduardo García de Enterría | Universidade de Santiago de Compostela". www.usc.gal. Consultado o 2022-05-18. 

Véxase tamén Editar

Outros artigos Editar