Eduardo Gómez Requejo

político galego
(Redirección desde «Eduardo Gómez Rodríguez Requejo»)

Eduardo Gómez Rodríguez Requejo, coñecido como Eduardo Gómez Requejo, nado en Sarria, foi un político galego.

Infotaula de personaEduardo Gómez Requejo
Biografía
NacementoSarria Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Despois do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi nomeado xefe local da Falange de Sarria o 24 de xullo. Foi xulgado xunto a Mario González Zaera por traizón na causa 1176/36. En 1938 foi novamente xulgado con González Zahera e Luis López López, ex xefe local de Falange de Paradela, na causa 1/38, acusados de actividade conspiradora contra Franco, co obxectivo de minar a autoridade deste e atentar contra a súa persoa para conseguir a hexemonía de Hedilla; foron condenados a morte, pero as sentenzas foron conmutadas polas de reclusión a perpetuidade. Tamén acusado de homicidio por imprudencia e lesións, foi xulgado na Audiencia de Lugo o 20 de maio de 1937.[1] Considerado como indutor do asasinato de Manuel Saco Rivera o 28 de agosto de 1938, foi detido xunto con Manuel Díaz López "Chaquetón" e Manuel Castro Castro "Eirexalba" e ingresou no cárcere de Lugo.[2] Franco concedeulle o indulto polo primeiro aniversario da vitoria, en abril de 1940.[3] En outubro de 1941 un novo decreto de Franco ordenaba remitirlle as penas.[4] Traballou na Organización Sindical como oficial do Corpo Técnico Administrativo destinado no Sindicato Nacional da Construción, Vidro e Cerámica, e xubilouse en 1966.[5]

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 21-5-1937, p. 9.
  2. Fernández Santander, Carlos (2000). Alzamiento y guerra civil en Galicia (1936-1939). Sada: Do Castro. pp. 881–883. ISBN 84-7492-951-2. 
  3. El Pueblo Gallego, 3-4-1940, p. 1.
  4. BOE, 15-10-1941, p. 7986.
  5. "Boletín de la Organización Sindical, 964, 31-10-1967, p. 322." (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 21-06-2020. Consultado o 17-06-2020. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar