Eduardo Dieste

diplomático e escritor uruguaio


Eduardo Dieste Gonçalves, nado en Rocha (Uruguai) o 14 de novembro de 1882 e finado en Santiago de Chile o 2 de setembro de 1954, foi un escritor e diplomático galego de nacionalidade uruguaia, irmán de Rafael Dieste.

Infotaula de personaEduardo Dieste

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento14 de novembro de 1882 Editar o valor en Wikidata
Rocha, Uruguai Editar o valor en Wikidata
Morte2 de setembro de 1954 Editar o valor en Wikidata (71 anos)
Santiago de Chile Editar o valor en Wikidata
Cónsul
Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeUruguai Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióncrítico literario , diplomático , escritor Editar o valor en Wikidata
Partido políticoPartido Colorado (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata
Familia
PaiEladio Dieste Muriel Editar o valor en Wikidata
IrmánsRafael Dieste Editar o valor en Wikidata

BNE: XX1001717

Traxectoria

editar

Foi o terceiro fillo, de sete, do galego Eladio Dieste Muriel e a uruguaia Olegaria Gonçalves Silveira, descendente de portugueses establecidos no Brasil. Entre 1888 e 1893 residiu coa súa familia en Pontevedra, e despois establecéronse en Rianxo. Estudou no seminario de Santiago de Compostela pero non chegou a ordenarse. Despois estudou filosofía e letras. Colaborou co seu amigo Alfonso Daniel Rodríguez Castelao en El Barbero Municipal.

En 1911 volveu para o Uruguai para evitar ter que ir á guerra do Rif. Alí foi animador do grupo poético Teseo.

En 1927 foi nomeado cónsul xeral do Uruguai en Londres, cargo que ocupou até 1931. Nese ano foi destinado a España exercendo como cónsul de Bilbao, Cádiz e Madrid, onde fundou a revista P.A.N. (poetas, andantes e navegantes), mais renunciou ao cargo en desacordo coa decisión do goberno uruguaio de romper as relacións diplomáticas coa república. Despois foi cónsul de San Francisco (1943-1952), Nova York (1952-1953) e Santiago de Chile (1953-1954).

Empregou o pseudónimo de Dr. Sintax.

 
El viejo, 1920.
  • Leyendas de la música (Madrid, 1911).[1]
  • Buscón Poeta. Teorías disparatadas y cuentos de burlas (Montevideo, 1913?)
  • Los místicos (Montevideo, 1915).
  • Los comerciantes del siglo XX (Barcelona, 1912).
  • El viejo (Montevideo, 1920).[2]
  • Teseo, discusion estética y ejemplos (Montevideo, 1925).[3]
  • Teseo, crítica literaria (Montevideo, 1930).[4]
  • Buscón poeta y su teatro (Madrid, 1933).
  • Teseo, los problemas literarios (Montevideo, 1938).[5]
  • Teseo, los problemas del arte (Buenos Aires, 1940).[6]
  • 21 sonetos de Shakespeare (Montevideo, 1944).
  • Teseo, los problemas del arte (Montevideo, 1964).[7]
  • Obra selecta (Barcelona, 1987).[8]

As obras deste autor están no dominio público no Uruguai, xa que morreu hai máis de 50 anos.

Galería de imaxes

editar

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar