Pelé

futbolista brasileiro (1940–2022)
(Redirección desde «Edson Arantes do Nascimento»)

Edson[1] Arantes do Nascimento, coñecido mundialmente como "Pelé", nado en Tres Corações (Minas Xerais) o 23 de outubro de 1940 e finado en São Paulo o 29 de decembro de 2022, foi un xogador de fútbol brasileiro, considerado "O Rei" dese deporte. Entre el, Diego Armando Maradona e Lionel Messi está o debate sobre quen é o mellor futbolista de tódolos tempos.[2][3] O seu equipo do Santos marcou unha época e foi coñecido naquela como Os Santásticos. Pelé é o único xogador da historia en gañar tres mundiais. Deixou o fútbol en 1977, no Cosmos de Nova York.

Pelé
Información persoal
Nome Edson Arantes do Nascimento
Nacemento 23 de outubro de 1940
Lugar de nacemento Três Corações
Falecemento 29 de decembro de 2022
Lugar de falecemento Morumbi e Hospital Israelita Albert Einstein
Altura 1,73 m.
Posición Centrocampista / Dianteiro
Carreira xuvenil
1952–1956 Bauru
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
1956–1974 Santos 1120 (1087)
1975–1977 New York Cosmos 64 (37)
Total 1184 (1124)
Selección nacional
1957–1971 Brasil 92 (77)
Na rede
https://www.pele10.org
IMDB: nm0671446 Allocine: 35698 Allmovie: p55818 TV.com: people/pele
Facebook: Pele Twitter: Pele Instagram: pele Musicbrainz: 736ce674-b38c-4c81-bdee-4c586a01f9cc Songkick: 104191 Discogs: 458280 FIFA: 63869 UEFA: 100492 WikiTree: Arantes_Nascimento-1 Editar o valor em Wikidata
Partidos e goles só en liga doméstica.

editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Debutou como profesional no Santos con só 15 anos. Dez meses despois foi convocado por vez primeira coa selección de Brasil. O mundo enteiro comezaría a admiralo pouco despois, cando gañou o Mundial de 1958, en Suecia. Na final Pelé fixo dous goles. No seguinte mundial, en Chile, no ano 1962 volvería a consegui-lo título de campión. En talvez o cumio da súa carreira foi o Mundial de México, en 1970. Tras un campionato sobresaínte, liderando un equipo considerado coma o mellor que xamais pisou un campo, a final volveu ser o seu mellor partido. Do 4-1 co que gañou a Italia, Pelé marcou un gol e pasou outros dous.

En 1974 decidiu finalizar a súa carreira, pero a oferta de 3 millóns de dólares do New York Cosmos fixo que o reconsiderase, e xogou no equipo neoiorquino até 1977. O seu derradeiro partido foi un encontro homenaxe entre o Cosmos e o Santos, no que xogou un tempo con cada equipo.

En 1981 protagonizou xunto a Sylvester Stallone, Michael Caine e Max von Sydow o filme Evasión ou vitoria dirixido por John Huston.

Palmarés editar

Co Santos Futebol Clube, da cidade de Santos editar

Coa selección editar

En total Pelé marcou 1284 goles en 1363 partidos.

Notas editar

  1. Segundo afirma o propio Pelé, na súa partida de nacemento aparece por error o nome «Edison» en vez de «Edson»; cf. Pelé. The autobiography Pelé. A Autobiografía), pág. 14.
  2. "Pele, Diego Maradona, Lionel Messi: Who Is The Greatest Of All Time?". NDTVSports.com ; Football News (en inglés). Consultado o 2023-01-01. 
  3. "Pele, Maradona, Messi: Who is the greatest of all time?". Japan Today (en inglés). Consultado o 2023-01-01. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Filmografía editar

  • Carlos Hugo Christensen, King Pelé, 1963.
  • Paulo Machline, A Football Story, 1998.
  • Eduardo Escorel e Luiz Carlos Barreto, This is Pelé, 1974.
  • Aníbal Massaini Neto, Pelé Eterno, 2004.
  • Mercado Livre, Santos, Especial, 2011.