Edoardo Mangiarotti

esgrimista italiano

Eduardo Mangiarotti, nado en Renate o 7 de abril de 1919 e finado en Milán o 25 de maio de 2012, foi un tirador de esgrima, xornalista deportivo e dirixente deportivo italiano, gañador de trece medallas olímpicas.

Infotaula de personaEdoardo Mangiarotti

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento7 de abril de 1919 Editar o valor em Wikidata
Renate, Italia (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Morte25 de maio de 2012 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Milán, Italia Editar o valor em Wikidata
Lugar de sepulturaCemitério Monumental de Milão (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
ResidenciaMilán Editar o valor em Wikidata
País de nacionalidadeItalia (1946–2012)
Reino de Italia (1919–1946) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónesgrimista Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua italiana Editar o valor em Wikidata
Deporteesgrima Editar o valor em Wikidata
Participou en
1960fencing at the 1960 Summer Olympics – men's team épée (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1960fencing at the 1960 Summer Olympics – men's team foil (en) Traducir  (medalla de prata olímpica)
1956fencing at the 1956 Summer Olympics – men's épée (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1952fencing at the 1952 Summer Olympics – men's foil (en) Traducir  (medalla de prata olímpica)
1952fencing at the 1952 Summer Olympics – men's épée (en) Traducir  (medalla de ouro olímpica)
1948fencing at the 1948 Summer Olympics – men's épée (en) Traducir  (Medalla de bronce olímpica)
1936Esgrima nos Jogos Olímpicos de Verão de 1936 - Espada por equipes masculino (pt) Traducir (1º) (medalla de ouro olímpica) Editar o valor em Wikidata
Familia
FillosCarola Mangiarotti (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
PaiGiuseppe Mangiarotti Editar o valor em Wikidata
IrmánsDario Mangiarotti (en) Traducir e Mario Mangiarotti (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Premios

Olympic.org: edoardo-mangiarotti Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo do esgrimista de prestixio internacional Giuseppe Mangiarotti que participara coa selección italiana nos Xogos Olímpicos de 1908 e mestre de armas que importou a Italia a variante da escola francesa de esgrima. Con seus dous irmáns, Mario e o tamén olímpico Dario, recibiu instrución de seu pai.

Coas súas participacións olímpicas entre 1936 e 1960 logrou 6 medallas de ouro, 5 de prata e 2 de bronce o que o converten no atleta con máis medallas olímpicas na historia da participación de Italia nos Xogos Olímpicos e o cuarto absoluto, despois de Michael Phelps, Larissa Latynina e Nikolai Andrianov. Polo que respecta ao campionato do mundo conquistou 26 medallas, a metade de ouro, sendo o italiano con máis medallas nesa competición.

Retirouse da alta competición tras os Xogos Olímpicos de 1960 de Roma como un dos máis grandes especialistas de todos os tempos en espada e florete. Unha das súas principais cualidades era ser ambidestro, o que lle permitía cambiar de garda tamén dentro dunha mesma competición.

Colaborou como xornalista co xornal La Gazzetta dello Sport desde 1949 a 1972 ocupándose da sección de esgrima. Durante o bienio 1959-1960 formou parte do comité de xestión designado polo Comité Olímpico Nacional Italiano para gobernar a Federación Italiana de Esgrima xunto con Gastone Darè e Renzo Nostini. No ano 1966 publicou o libro La vera scherma, escrito en colaboración con Aldo Cerchiari. No ano 1981 o Comité Olímpico Internacional condecorouno coa Orde Olímpica de bronce en 1977 e no ano 1998 o Presidente da República Italiana Oscar Luigi Scalfaro concedeulle a máxima honra italiana, nomeándoo Cavaliere di Gran Croce.

Foi membro de honra do consello federal da Federación Italiana de Esgrima e membro de honra da Fédération Internationale d'Escrime (FIE), foi un dos redactores das primeiras normas administrativas da FIE en 1962[1] e entre 1980 e 1984 foi o seu secretario xeral e foi presidente da súa comisión de disciplina (2000-2008). Foi tamén presidente da Unión Italiana de Veteranos Deportivos e da Asociación Medalla de Ouro aos Valores Atléticos. A súa filla Carola representou a Italia como tiradora de esgrima nos Xogos Olímpicos de 1976 e de 1980.

Xunto ao marchador Ugo Frigerio e o esquiador Gustav Thöni tivo o privilexio de ser seleccionado por dúas veces como portabandeira de Italia nunha cerimonia de apertura dunhas Olimpiadas, concretamente en Melbourne no ano 1956 e en Roma en 1960. Morreu na súa casa do centro de Milán o 25 de maio de 2012 á idade de 93 anos[2].

Palmarés editar

Xogos Olímpicos editar

Campionatos mundiais editar

Xogos do Mediterráneo editar

  • 6 medallas[4]:
    • 2 de ouro (florete por equipos, espada por equipos en Alexandría 1951)
    • 3 de prata (florete individuale, florete por equipos, espada por equipos en Barcelona 1955)
    • 1 bronce (florete individual en Alexandría 1951)

Universíadas editar

  • 3 medallas[5]:
    • 3 de ouro (florete individual, florete por equipos, espada por equipos en París 1947)

Campionatos italianos editar

  • 7 medallas (datos parciais)[6]:
    • 7 de ouro (espada individual en 1947; espada individual en 1950; florete individual en 1952; florete individual en 1954; florete individual, espada individual en 1955; florete individual en 1957)

Notas editar

  1. Administrative Rules FIE
  2. Necrolóxica en Corriere della Sera
  3. "Elenco dei medagliati ai campionati mondiali sul sito della FIS" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 24 de novembro de 2010. Consultado o 20 de abril de 2011. 
  4. "Elenco dei medagliati ai Giochi del Mediterraneo sul sito della FIS" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 28 de marzo de 2012. Consultado o 20 de abril de 2011. 
  5. "Elenco dei medagliati alle Universiadi sul sito della FIS" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de decembro de 2010. Consultado o 20 de abril de 2011. 
  6. "Elenco dei medagliati ai campionati italiani sul sito della FIS" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 18 de decembro de 2010. Consultado o 20 de abril de 2011. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar