Edita de Lorenzo

Enxeñeira de Telecomunicacións

María Edita de Lorenzo Rodríguez, nada en Ourense o 17 de abril de 1968,[1] é enxeñeira de Telecomunicación e profesora titular do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da Universidade de Vigo (Uvigo). En 2009 foi elixida directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Uvigo converténdose na primeira muller en Galicia á fronte dunha escola de enxeñaría.[2][3]

Infotaula de personaEdita de Lorenzo
Biografía
Nacemento17 de abril de 1968 Editar o valor em Wikidata (56 anos)
Ourense, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
EducaciónUniversidade de Vigo - Doutor en filosofía (1992–1997)
Universidade de Vigo (1986–1992) Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónenxeñeira Editar o valor em Wikidata
EmpregadorUniversidade de Vigo (1998–) Editar o valor em Wikidata

Dialnet: 3054185

Traxectoria editar

Edita de Lorenzo comezou os seus estudos na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Uvigo en 1986, formando parte da segunda promoción. Tras rematar a carreira foi docente durante case dous anos na Universidade de Valladolid e no 1994 regresou a Vigo, onde fixo a súa tese de doutoramento.[3] Dende 1998 é profesora titular do Departamento de Teoría do Sinal e Comunicacións da UVigo.[4]

En 2009 foi elixida decana da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación da Uvigo, cargo que ocupou durante seis anos.[5] Ademais é: Vicedecana/Vicepresidenta do COETG/AETG dende maio de 2017,[6] Secretaria da Xunta Directiva da Asociación PuntoGal dende xuño de 2017[7] e Vogal da Unidade de Muller e Ciencia de Galicia dende 2011.[4][8]

É cofundadora da sección española do WIE (Women in Engineering), que forma parte do IEEE. As súas liñas de investigación se encadran dentro da análise e síntese de antenas e os sistemas de detección radar, participando en numerosos proxectos de investigación relacionados con sistemas de comunicacións.[4]

Forma parte do Comité de Sabias da Cátedra de Feminismos 4.0 da Universidade de Vigo.[9]

Notas editar

  1. "GIRL STEM, unha iniciativa para derrubar os estereotipos de sexo na tecnoloxía". Voluntariado Dixital. Consultado o 13-8-2020. 
  2. "Calendario 2017. Mulleres da Universidade de Vigo" (PDF). Uvigo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16-08-2020. Consultado o 12-8-2020. 
  3. 3,0 3,1 "A profesora Edita De Lorenzo convértese na primeira directora dunha enxeñaría en Galicia". Universidade de Vigo. Consultado o 2020-08-12. 
  4. 4,0 4,1 4,2 "Edita de Lorenzo" (PDF). Uvigo. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 16-08-2020. Consultado o 12-08-2020. 
  5. Pontevedra, Diario de (2020-02-27). "RUMBO AL 8-M. Edita de Lorenzo: "No era consciente de ser la primera, pero sí me sentí muy observada"". Diario de Pontevedra (en castelán). Consultado o 2020-08-12. 
  6. "AETG/COETG Asociación de Enxeñeiros de Telecomunicación de Galicia". www.aetg.gal. Consultado o 2020-08-12. 
  7. "» Directiva da asociación". Consultado o 2020-08-12. 
  8. Referentes. "María Edita de Lorenzo Rodríguez". Executivas (en castelán). Consultado o 2020-08-12. 
  9. Diario, Nós. "O Comité de Sabias fúndase no acceso igualitario ao eido dixital". Nós Diario. Consultado o 2021-03-21.