Edificio Kirkbride


Os edificios Kirkbride son unha tipoloxía arquitectónica propia de edificacións de acollida de enfermos mentais construídos nos EUA na segunda metade do século XIX. Segundo o doutor Thomas Kirkbride (1809-1883), a construción dos edificios destinados a recibir os doentes ten influencia sobre a calidade das curas que lle son aplicadas.

A importante achega financeira dos poderes públicos permitiu construír uns conxuntos moi luxosos para a súa época. Entre 1850 e 1900 o estado norteamericano investiu grandes cantidades de cartos para encargarse dos doentes con problemas mentais. Estes pasan progresivamente das cadeas para enfermos aos lugares especificamente apropiados para sandar as súas doenzas.

Características editar

Kirkbride recomendaba situar os hospitais nun contorno natural, lonxe da atmosfera viciada e ruidosa das vilas. Os homes e as mulleres eran situados en dúas ás diferentes do edificio. No centro dos mesmos estaban os locais administrativos, e os doentes con problemas máis serios están afastados dos edificios administrativos e dos doentes con problemas máis lixeiros.

Decline editar

Estes principios, despois de ter coñecido boa acollida, pasan a estar obsoletos no curso do século XX. As novas terapias, o fracaso relativo da terapia mental promovida por Kirkbride, e os custos importantes de mantemento dos edificios remataron desgraciadamente (xa que contaban con grande riqueza patrimonial) polo abandono ou a destrución destes edificios.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar