Edith Minturn Sedgwick, nada en Santa Barbara (California) o 20 de abril de 1943 e finada na mesma cidade o 16 de novembro de 1971, foi unha actriz e modelo que destacou por ser membro dunha prestixiosa familia da alta sociedade estadounidense e por ser a musa de Andy Warhol.

Modelo:BiografíaEdie Sedgwick
Biografía
Nacemento(en) Edith Minturn Sedgwick Editar o valor en Wikidata
20 de abril de 1943 Editar o valor en Wikidata
Santa Bárbara, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Morte16 de novembro de 1971 Editar o valor en Wikidata (28 anos)
Santa Bárbara, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da mortesuicidio, sobredose Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaOak Hill Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
EducaciónThe Branson School (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz, actriz de cinema, socialité, modelo, modelo Editar o valor en Wikidata
Período de actividade1965 Editar o valor en Wikidata -
Xénero artísticoCultura underground e cinema arte Editar o valor en Wikidata
Familia
CónxuxeMichael Brett Post Editar o valor en Wikidata
PaisFrancis Minturn Sedgwick Editar o valor en Wikidata  e Alice Delano DeForest Editar o valor en Wikidata
IrmánsFrancis Minturn Sedgwick
Robert Minturn Sedgwick Editar o valor en Wikidata
ParentesKyra Sedgwick, curmá entregue
Lilian Swann Saarinen, curmá entregue
Eric Saarinen, second nephew Editar o valor en Wikidata
Sinatura Editar o valor en Wikidata

IMDB: nm0781291 Allocine: 54730 Allmovie: p64281
WikiTree: Sedgwick-322 Find a Grave: 5319 Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Primeiros anos

editar

Edie Sedgwick foi a sétima dos oito fillos de Francis Minturn Sedgwick e Alice Delano de Forest. Os seus primeiros anos transcorreron no rancho de 3000 acres que posuía a súa familia en Santa Barbara, ata que a comezos dos anos 50 se descubriu petróleo na facenda. Coas ganancias que obtiveron, os membros da familia trasladáronse a outro rancho co dobre de extensión en que construíron un colexio propio para os nenos, aos que non se lles permitiu asistir á escola pública.[1]

No outono de 1962, Edie foi hospitalizada por primeira vez nun centro psiquiátrico por mor da súa anorexia, período no que tamén tivo un embarazo e un aborto espontáneo. Varios membros da familia Sedgwick tamén tiveron problemas psiquiátricos: o pai de Edie foi diagnosticado como maníaco-depresivo; o seu irmán Minty era alcohólico con quince anos e declarou ser homosexual, o que enfadou moito o seu pai, e despois foi ingresado varias veces en centros psiquiátricos. Finalmente suicidouse en 1971, aforcándose. Outro dos seus irmáns, Bobby, tamén foi hospitalizado por problemas mentais e morreu en 1965 ao estrelar a súa motocicleta contra un autobús.[1]

En 1963 instalouse en Cambridge para continuar os seus estudos, onde iniciou a súa amizade co seu futuro representante Chuck Wein. En 1964 trasladouse a Nova York ao apartamento de catorce cuartos que a súa avoa posuía en Park Avenue e axiña comezou a traballar como modelo e a acudir ás festas dos clubs de moda da cidade.[1]

Aínda que Edie Sedgwick apareceu frecuentemente en revistas como Vogue ou Life, non foi aceptada pola industria da moda. Segundo a antiga editora de Vogue, Gloria Schiff, "nas columnas de sociedade identificaban a Edie Sedgwick coa escena de artistas que consumían drogas e naquela época había certa aprehensión en estar envolto nese mundo... á xente aterrorizáballe de verdade. Así que a menos que fosen artistas ou músicos moi importantes afastabámonos diso tanto como podiamos. As drogas fixeran tanto dano á xente nova, creativa e brillante que tiñamos como política opornos a ese mundo".[2] De calquera forma, a redactora xefe de Vogue, Diana Vreeland, definiuna como "un exemplo da era da cultura xuvenil".[1]

Época con Warhol

editar

En marzo de 1965 Sedgwick coñeceu a Andy Warhol no apartamento do produtor cinematográfico Lester Persky e comezou a frecuentar The Factory xunto a Chuck Wein. Durante unha desas visitas, Warhol incluíu a Sedgwick na adaptación da novela A Clockwork Orange que estaba a rodar co nome de Vynil, a pesar de que o elenco estaba composto só por varóns. Tamén fixo un cameo no filme Horse protagonizada por Ondine, outro dos habituais de The Factory. Aínda que a súa presenza en ambas as películas foi breve, Warhol interesouse por ela e decidiu lanzala á fama.

O primeiro dos filmes protagonizados por Sedgwick, Poor Little Rich Girl, foi concibido como o primeiro dunha serie de filmes que se chamou The Poor Little Rich Girl Saga e que incluíu tamén outros como Restaurant, Face e Afternoon. O comezo da rodaxe do filme tivo lugar en marzo de 1965 no apartamento da propia Sedgwick e a primeira escena móstraa espertando, pedindo café e zume de laranxa e maquillándose en silencio co acompañamento dun disco de The Everly Brothers. A seguinte escena mostra a Sedgwick fumando, falando por teléfono, probándose roupa e explicando como se gastou toda a súa herdanza en seis meses.

O 30 de abril do mesmo ano Warhol viaxou xunto a Sedgwick, Chuck Wein e Gerard Malanga á estrea do filme na Galería Sonnabend de París. Ao volver a Nova York, Warhol falou co seu guionista Ron Tavel para que escribise un filme para Sedgwick, que finalmente levou o título de Kitchen e no que ademais de Sedgwick actuaron Rene Ricard, Roger Trudeau, Donald Lyons e Elecktrah. Tras esta película, Chuck Wein substituíu a Ron Travel como guionista e director na rodaxe de Beauty No. 2, na que Sedgwick aparecía con Gino Piserchio. Este filme resultou premiado no Filme-Makers Cinematheque no Astor Place Playhouse o 17 de xullo.

Aínda que os filmes de Warhol non adoitaban obter éxito comercial e apenas se exhibían fóra de The Factory, a popularidade de Sedgwick nos medios de comunicación masivos foi crecendo. Os medios comezaron a publicar reportaxes sobre as súas aparicións nas películas de Warhol e resaltaban a súa orixinal forma de vestir, que consistía en leotardos negros, minivestidos e grandes pendentes. Sedgwick tamén se cortou o pelo e tinguiuno cun spray de cor prata, creándose unha imaxe parecida á de Warhol e as súas características perrucas. Nesa época Warhol bautizou a Edie Sedgwick como a súa "superestrela" e era frecuente que acudisen xuntos a eventos sociais.

Ao longo de 1965 Warhol e Sedgwick continuaron a traballar xuntos nos filmes Outer and Inner Space, Prison, Lupe e Chelsea Girls. A finais de ano as relacións entre os dous deterioráronse e Sedgwick pediu a Warhol que non exhibise ningún dos filmes en que ela participara e que eliminase a parte da metraxe de Chelsea Girls en que actuaba. Finalmente as partes rodadas por Sedgwick foron substituídas por outras en que aparecía Nico con proxeccións de luces de cores na súa cara e con música de The Velvet Underground de fondo. Posteriormente, as escenas que Sedgwick rodou para Chelsea Girls convertéronse no filme Afternoon.

A miúdo crese que Lupe foi o último filme de Sedgwick con Warhol, mais case un ano despois rodouse The Andy Warhol Story, unha fita que unicamente se exhibiu nunha ocasión en The Factory e no que aparecía Sedgwick con René Ricard.

Bob Dylan e Bob Neuwirth

editar

Trala súa ruptura con The Factory, Sedgwick instalouse no hotel Chelsea e intensificou a súa amizade con Bob Dylan e a súa man dereita, Bob Neuwirtth, a quen coñecera en decembro de 1964. Non hai evidencia de que sexan certos os rumores que afirman que houbo unha relación entre Sedgwick e Dylan, mais non obstante si mantivo unha relación con Neuwrith.[1]

Tamén se afirmou que cancións de Dylan como "Like a Rolling Stone" e outras do álbum Blonde on Blonde como "Leopard-Skin Pill-Box", "Stuck Inside of Mobile with the Memphis Blues Again" e "Just Like a Woman" estiveron inspiradas en Sedgwick. A pesar de que os biógrafos de Dylan citan a Joan Baez como inspiradora desta última canción, a actriz foi unha das mulleres que apareceu no interior da portada do álbum Blonde on Blonde.[1] As relacións con Dylan terminaron cando Sedgwick descubriu que este casara con Sara Lownds nunha cerimonia secreta, algo do que aparentemente tivo noticia por medio de Warhol no restaurante Gengerman de Nova York en febreiro de 1966.[1]

Paul Morrissey afirmou respecto dese día:

Edie dixo: "eles (o círculo de Dylan) van facer un filme e supoño que eu participarei nel con Bobby (Dylan)". De súpeto era "Bobby isto e Bobby aquilo", e todos pensaron que estaba namorada del. Pensaron que el estivera enganándoa, porque ese mesmo día Andy ouvira no despacho do seu avogado que Dylan casara en segredo había uns meses. Dylan casou con Sara Lownds en novembro de 1965... e Andy non puido resistirse a preguntarlle: "Sabías, Edie, que Bob Dylan casou?" Ela estaba a tremer e todos pensaron que creu realmente que tiña unha relación con Dylan e que quizais a verdade non fose esa.[1]

Con todo, durante a maior parte de 1966, Sedgwick mantivo unha relación con Bob Newrith, durante a cal aumentou a súa adicción aos barbitúricos. A relación rompeuse a principios de 1967 ante a imposibilidade por parte de Neuwrith de facer fronte ao abuso de drogas e ao carácter cambiante de Sedgwick. Aínda que Edie Sedgwick tamén experimentou con drogas ilegais incluíndo opiáceos, non hai evidencia da súa adicción á heroína.

Últimos anos

editar

Tras non ser seleccionada por Norman Mailer para participar na súa obra teatral The Deer Park, en abril de 1967 Sedgwick comezou a traballar na película underground Ciao! Manhattan, de John Palmer e David Weisman, cuxa rodaxe durou cinco anos. A rápida deterioración da súa saúde obrigouna a regresar a California xunto á súa familia e a ser ingresada en diferentes hospitais psiquiátricos. En agosto de 1969 foi hospitalizada na sección de psiquiatría do Cottage Hospital despois de ser detida pola policía local por asuntos relacionados coas drogas. Durante a súa estadía en devandito hospital, Sedgwick coñeceu outro paciente chamado Michael Post, co que máis tarde casou.

No verán de 1970 Sedgwick estaba hospitalizada de novo, mais conseguiu abandonar a clínica baixo a supervisión de dúas enfermeiras para finalizar a rodaxe de Ciao! Manhattan. Tamén contou a historia da súa vida nunhas cintas de son coñecidas como The Ciao! Manhattan Tapes.

Cando casou con Michael Post en xullo de 1971, Sedgwick deixara de beber e de consumir drogas, unha abstinencia que durou ata que en outubro o seu médico lle recetou barbitúricos para soportar a dor dunha enfermidade física. Sedgwick comezou a pedir máis pílulas ao seu médico e a finxir que as perdera para que lle proporcionase máis.

Na noite do 15 de novembro Sedgwick acudiu a un desfile de moda no Santa Barbara Museum e á festa posterior, onde foi atacada verbalmente por un asistente bébedo que a cualificou de heroinómana. Sedgwick chamou por teléfono ao seu esposo para contarlle o ocorrido, tralo que Post foi á festa e levou a súa esposa ao seu apartamento. Unha vez alí, Post deu a súa medicación á súa esposa e os dous durmiron.

Cando Post espertou á mañá seguinte ás 7:30, Edie estaba morta. A morte foi clasificada polo xuíz instrutor como "indeterminada/accidente/suicidio" e estimouse a hora do falecemento arredor das 9:20 da mañá por mor dunha intoxicación de barbitúricos. Edie Sedgwick foi enterrada no cemiterio de Oak Hill na pequena localidade californiana de Ballard.[1]

Filmografía

editar
Filme
Ano Título Personaxe Notas
1965 Horse Papel mudo; primeira aparición nun filme de Warhol
1965 Vinyl Papel mudo
1965 Bitch
1965 Screen Test No. 1 Ela mesma
1965 Screen Test No. 2 Ela mesma
1965 Poor Little Rich Girl Poor Little Rich Girl Acreditada como Mazda Isphahan
1965 Face
1965 Restaurant
1965 Kitchen
1965 Afternoon
1965 Space
1965 Beauty No. 2
1965 Factory Diaries
1965 Outer and Inner Space
1965 Prison[3] Título alternativo: Girls in Prison
1966 Lupe Lupe Vélez
1966 The Andy Warhol Story Último filme con Warhol
1967–1968 Four Stars**** Título alternativo: The Four Star Movie; emprega fotogramas de Sedgwick de filmes previos de Warhol
1969 Walden Herself Título alternativo: Diaries, Notes and Sketches
1972 Ciao! Manhattan Susan Superstar Estreado postumamente
  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 1,7 1,8 warholstars.org. "Biografía de Edie Sedgwick". 
  2. Stein, Jean, George Plimpton, ed. Edie: American Girl, Grove Press, 1982, page 301.
  3. Kern, Lauren (3 de maio de 2004). "Andy's Baby: A Warhol screen-test subject watches her celluloid debut for the first time". New York Magazine. 

Véxase tamén

editar

Bibliografía

editar
  • Victor Bockris e Gerard Malanga: Uptight: The Velvet Underground Story
  • Victor Bockris: Andy Warhol
  • Michael Opray: Andy Warhol. Film Factory
  • Jean Stein: Edie: American Girl
  • Andy Warhol: The Philosophy of Andy Warhol
  • Melissa Painter e David Weisman: Edie: Girl on Fire Libro and Film
  • Steven Watson: Factory Made: Warhol And the Sixties
  • Nat Finkelstein e David Dalton: Edie: Factory Girl
  • John Sedgwick: In My Blood: Six Generations of Madness and Desire in an American Family

Ligazóns externas

editar