Edicións do Rueiro

editorial galega

Edicións do Rueiro foi unha editorial coruñesa activa entre 1973 e 1981. O seu propósito era rachar coa imaxe que vinculaba a lingua galega só con publicacións literarias, procurando editar estudos de ciencias sociais.

Edicións do Rueiro
Tipoeditorial
Data de fundación1973
SedeA Coruña
PaísGalicia
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

Foi fundada o 23 de xullo de 1973 por Andrés Salgueiro Armada, Xosé Vilas Nogueira e Xavier Villar Trillo, colaboradores de La Voz de Galicia co pseudónimo común de Andres Vilas Villar, canda a Xosé Harguindey Banet, Cipriano Luís Jiménez Casas e Fidel Vidal Pérez.

Os primeiros libros editados foron O estatuto galego de Vilas Nogueira, Ensaios marxistas de Felipe Martínez Marzoa, A contaminación na Galicia de Ramón López-Suevos e Francisco Bermejo Martínez, e Control de natalidade, métodos contraceptivos de Jiménez Casas.

En maio de 1980 comezou a publicación da revista mensual Man Común, dirixida por Xosé Antón Gaciño arredor dun grupo de xornalistas como Luís Pita, Manuel Rivas ou Santiago Romero. En maio de 1981 saíu o último número de Man Común, que feneceu por cuestións económicas, arrastrando consigo o peche da editorial.