Edelmiro Cerredelo

historiador galego

Edelmiro Martínez Cerredelo, chamado Miro Cerredelo, nado na vila[1] de Xinzo da Limia o 24 de febreiro de 1946, é un historiador e escritor galego.

Edelmiro Cerredelo
Nacemento24 de febreiro de 1946
Lugar de nacementoXinzo de Limia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempregado de banca, historiador e escritor
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Cursos estudos de bacharelato elemental en Ourense e empezou a traballar no sector servizos: na gasolineira do pai, nun restaurante ou noutros establecementos. Con 25 anos accedeu ao sector bancario (no Banco Hispano Americano[1]); permaneceu na banca o resto da súa vida profesional, en diversas localidades da provincia de Ourense (A Pobra de Trives, Allariz, O Carballiño e Ourense). Tamén foi concelleiro en Xinzo de Limia nos últimos anos do franquismo[1]. Logo da súa xubilación (1999) cursou estudos universitarios para anciáns na Universidade de Vigo[2].

A súa obra como historiador ocupouse fundamentalmente da recuperación da memoria recente da comarca da Limia. Ten publicado en revistas de etnografía, como Raigame ou Lethes, e de asociacións culturais da diáspora en Cataluña[2]. Foi un dos promotores da festa do Esquecemento[3], festa de recreación histórica da invasión romana.

ObrasEditar

  • A prensa en Xinzo de Limia. Século XX (1911-1925). 2006. Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".
  • Historia e memoria. A Limia: 1931-1953. 2008. Centro de Desenvolvemento Rural "O Viso".
  • Julián Toubes (1796-1870). O correxedor que quixo desecar a lagoa. 2009.
  • Historia de Xinzo de Limia. 2012. Grupo "Pedro González de Ulloa" de Estudos Históricos da Limia.
  • Xinzo de Limia na Memoria. 2016. Grupo "Pedro González de Ulloa" de Estudos Históricos da Limia.
  • Antela Fútbol Club. Centenario 1919-2019. 2019.
  • O Entroido de Xinzo de Limia. Tradición. Respecto. Sentimento. 2021. Asociación Cultural A Pantalla.
  • Historia Musical de Xinzo de Limia. 2021[2]. Concello de Xinzo de Limia.

HonrasEditar

En 2022 foi escollido fillo predilecto de Xinzo da Limia[1].

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 "O Concello de Xinzo nomeará fillo predilecto a Edelmiro Martínez Cerredelo". Dende a Limia (en castelán). Consultado o 30/9/2022. 
  2. 2,0 2,1 2,2 "Edelmiro Martínez Cerredelo". Museo da Limia (en castelán). Consultado o 30/9/2022. 
  3. Gil, Francisco J. (26/7/2019). "Edelmiro Martínez, historia de A Limia". La Región (en castelán). Consultado o 30/9/2022.