Ed Lu

físico e astronauta estadounidense

Edward Tsang "Ed" Lu, nado en Springfield (Massachusetts), o 1 de xullo de 1963, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-106, STS-84 e Soiuz TMA-2, sendo membro da Expedición 7 á Estación Espacial Internacional.[1][2]

Ed Lu
Datos persoais
Nacemento1 de xullo de 1963
LugarSpringfield
Actividade
MisiónsExpedição 7, STS-106, STS-84 e Soiuz TMA-2
Tempo no espazo205,97 días
PremiosNASA Space Flight Medal
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Lu graduouse en enxeñaría eléctrica pola Universidade Cornell en 1984 e ten un doutoramento en física aplicada pola Universidade Stanford en 1989.[1][2]

Foi seleccionado como astronauta pola NASA en decembro de 1994, participando nas misións STS-106, STS-84 e Soiuz TMA-2 e sendo membro da Expedición 7 á Estación Espacial Internacional. Pasou un total de 205,97 días no espazo.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2020). "Lu, Edward Tsang" (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 NASA, ed. (agosto de 2007). "EDWARD TSANG LU (PH.D.)NASA ASTRONAUT (FORMER)" (PDF) (en inglés). Consultado o 30 de agosto de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar