Economía de Kiribati

A economía de Kiribati arrastra a evia de que o país conte con poucos recursos naturais. A viabilidade no comercio dos depósitos de fosfato extinguíronse na época da independencia. Agora a copra e o peixe representan o groso da produción e as exportacións. O turismo prové máis do 50% do PIB.

Economía de Kiribati
Moeda dólar australiano
Organizacións comerciais de que fai parte PARTA
Datos estatísticos[1]
PIB 698 millóns (2013)
Posición do PIB 212ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 2,9% (2013)
PIB per cápita 6 400 (2013)
PIB por sector agricultura 24,3%, industria 7,9%, servizos 67,8% (2010)
Inflación 0,2% (2007)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 7.870 (2001)
Forza de traballo por sector agricultura 2,7%, industria 32%, servizos 65,3% (2000)
Desemprego 2% (1992)
Industrias pesca, artesanía
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 7 066 000 (2010)
Produtos de exportación copra 62%, coco, froitos do mar, peixes
Principais mercados Xapón, Malaisia, Taiwán, Estados Unidos, Australia, Bélxica, Dinamarca (2006)
Importacións 80 090 000 (2010)
Principais produtos importados alimentos, máquinas e equipamentos, manucfaturados diversos, combustibles
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 10 millóns (1999)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Supermercado en Kiribati.

Historicamente, o coco representou unha das maiores fontes de ingresos do país, que en consecuencia pasou a depender da demanda mundial deste froito. Ao decaer o interese, en 1993, o Banco Asiático de Desenvolvemento debeu entregar a Kiribati un préstamo de 300 mil dólares para compensar as perdas por exportacións non efectuadas.

A axuda financeira internacional, maiormente do Reino Unido e o Xapón, é unha gran parte do PIB, que representou entre o 25%-50% deste nos últimos anos.

A unidade monetaria de Kiribati é o dólar australiano, dividido en 100 céntimos En 2006, 1,33 dólares australianos equivalían a 1 dólar estadounidense.

Notas editar

  1. "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 07 de setembro de 2017. Consultado o 29 de marzo de 2014. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).