Economía de Islandia

A economía da Islandia é de tipo capitalista, semellante á doutros países escandinavos, con presenza dun estado do benestar social. Modesta en tamaño, depende en gran parte da pesca e industria relacionada, que responden de case o 70% das exportacións.

Economía de Islandia
Moeda coroa islandesa
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, AELC, OCDE
Datos estatísticos[1]
PIB 12,95 mil millóns (2012)
Posición do PIB 147ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 2,7% (2012)
PIB per cápita 39 400 (2012)
PIB por sector agricultura 5,3%, industria 24,4%, comercio e servizos 70,3% (2012)
Inflación 5,3% (2012)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 180.800 (2012)
Forza de traballo por sector agricultura 4,8%, industria 22,2%, comercio e servizos 73% (2008)
Desemprego 5,6% (2012)
Industrias {{{Industrias}}}
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 5,1 mil millóns (2012)
Produtos de exportación peixe e derivados 70%, aluminio, produtos animais, ferro-silicio, diatomito
Principais mercados Países Baixos 32,4%, Alemaña 15%, Reino Unido 9%, Noruega 4,4% (2011)
Importacións 4 699 millóns (2012)
Principais produtos importados máquinas e equipamentos, derivados de petróleo, alimentos, têxteis
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 124,5 mil millóns (2011)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Fábrica de aluminio da Alcoa en Reydarfjördur.

Ademais dos produtos de orixe mariña, outras produtos importantes na exportación son aluminio, ferro-silicio, equipamentos para pesca e procesamento de produtos marítimos e la. O comercio exterior desempeña un papel importante na economía da Islandia. Exportacións e importación equivalen, cada unha, a un terzo do PIB. A maior parte das exportacións é para os Estados Unidos, destacando tamén o Xapón. Cos seus volcáns, o país ten gran potencial de enerxía xeotérmica.

Antes da crise de 2008 o país tiña baixo desemprego, equilibrada distribución de renda e un forte crecemento.[1]. Despois da crise, as prioridades do goberno centráronse en estabilizar o valor da coroa islandesa, conter o déficit orzamentario, reestruturar o sector financeiro, conter a inflación e diversificar a economía.[1]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 18 de maio de 2020. Consultado o 30 de marzo de 2013. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés). 

Véxase tamén editar