Economía de Bolivia

Bolivia é un dos países máis pobres e menos desenvolvidos de América Latina.[1] Tras unha desastrosa crise económica no inicio da década de 1980 reformas atraeron o investimento privado, estimularon o crecemento económico e diminuíron os índices de pobreza na década seguinte.[1] O período entre 2003 e 2005 foi caracterizado por inestabilidade política, tensións raciais e violentas protestas contra plans - posteriormente abandonados - de exportar o gas natural producida no país para grandes mercados do Hemisferio Norte.[1] No ano 2005 o país aprobou unha controvertida lei sobre hidrocarburos que impuxo un significativo aumento dos dereitos sobre a produción e determinou que as empresas estranxeiras que operaban baixo o réxime de contratos de risco entregasen toda a súa produción á empresa estatal, a cambio dunha tarifa fixa polos servizos.[1]

Economía de Bolivia
Moeda Boliviano
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, CAN, UNASUR
Datos estatísticos[1]
PIB 58.34 mil millóns (2013)
Posición do PIB 92ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 6.5% (2013)
PIB per cápita 5 500 (2013)
PIB por sector agricultura 9.2%, industria 38.5%, servizos 52.3%
Inflación 5.9% (2013)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 4.922.000 (2013)
Forza de traballo por sector agricultura 32%, industria 20%, servizos 48%
Desemprego 7.4 (urbano)% (2013)
Industrias Minería, refino de minerais, petróleo, alimentos e bebidas, tabaco, artesanía, roupa, xoiaría
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 12.56 mil millóns (2013)
Produtos de exportación Gas natural, soia e derivados, petróleo cru, minerais de cinc e estaño
Principais mercados Brasil 41.8%, Estados Unidos 18.4%, Arxentina 7.3%, Perú 4.9% (2012)
Importacións 8 224 millóns (2013)
Principais produtos importados Derivados de petróleo, plásticos, papel, avións e pezas, automóbiles, insecticidas
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 7 429 millóns (2013)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
Lago Titicaca, do lado boliviano.
Minas en Potosí.

As principais actividades económicas en Bolivia son a minería, a fundición de metais, e a agricultura (especialmente a soia, o café e tamén a coca). O país é auto-suficiente en enerxía, grazas ás súas reservas de gas natural.

O país, hai moito un dos máis pobres e menos desenvolvidos países da América Latina, fixo progresos considerábeis no sentido do desenvolvemento dunha economía de mercado. Durante a presidencia do presidente Gonzalo Sánchez de Lozada (1993-97) Bolivia asinou un tratado de comercio libre co México, tornouse membro asociado do Mercado Común do Cono Sur (Mercosul) e procedeu á privatización da liña aérea estatal, da compañía de teléfonos, dos camiños de ferro, da compañía eléctrica e da compañía petrolífera.

O crecemento económico aminorou en 1999, en parte debido a políticas orzamentarias restritivas que limitaron os fondos necesarios para programas de loita contra a pobreza, e ás consecuencias da crise financeira asiática. No ano 2000, serios disturbios públicos en abril e en setembro/outubro baixaron o crecemento para 2,5%. O PIB boliviano non creceu en 2001 debido ao abrandamento global e á vagarosa actividade doméstica.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "The World Factbook.". Arquivado dende o orixinal o 25 de decembro de 2018. Consultado o 19 de maio de 2014. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).