Economía de Mauricio

(Redirección desde «Economía da illa Mauricio»)

Dende a súa independencia o 1968, a economía de Mauricio - ata entón unha economía de baixa renda baseada na agricultura - tornouse diversificada, co crecemento dos sectores industriais, financeiros e turísticos.[1] O crecemento anual en case todo o período foi de 5 a 6%. Esta realización notábel reflectiuse nunha distribución de renda máis xusta, no aumento da expectativa de vida, na caída da mortalidade infantil e nunha mellora da infraestrutura do país[1].

Economía de Mauricio
Moeda Rupia de Mauricio
Organizacións comerciais de que fai parte OMC, Mercado Común da África Oriental e Austral, Unión Africana e outros
Datos estatísticos[1]
PIB 20.95 mil millóns (2013)
Posición do PIB 131ª no mundo[2]
Crecemento do PIB 3.4% (2013)
PIB per cápita $ 16 100 (2013)
PIB por sector agricultura 4.5%, industria 22%, comercio e servizos 73.4% (2013)
Inflación 3.5% (2013)
Poboación abaixo da limiar de pobreza dato non dispoñíbel
Total da forza de traballo 637.600 (2013)
Forza de traballo por sector agricultura 9%, industria e construción 30%, transportes 7%, comercio, restaurantes e hoteis 26%, finanzas 6%, outros servizos 25% (2007)
Desemprego 8.3% (2013)
Industrias procesamento de alimentos (en gran parte produción de azucre), téxtiles, roupa, minerios, produtos químicos, produtos de metal, equipamento de transporte, máquinas non eléctricas, turismo
Parcerías comerciais[1]
Exportacións 2 788 millóns (2013)
Produtos de exportación roupas e téxtiles, azucre, flores, melaza, peixe, primatas (para investigación)
Principais mercados O Reino Unido 19.3%, Francia 16.4%, os Estados Unidos 9.9%, Suráfrica 9.8%, España 7.5%, Italia 6.9% e Madagascar 6.8% (2012)
Importacións 4 953 millóns (2013)
Principais produtos importados manufacturados, bens de capital, alimentos, derivados de petróleo, produtos químicos
Finanzas públicas[1]
Débeda externa 2 894 millóns (2013)
Ingresos dato non dispoñible
Gastos dato non dispoñible
A cidade de Port Louis á noite.

A plantación de cana de azucre ocupa 90% das terras cultivadas e corresponde a 15% do total de exportacións.[1] A estratexia de desenvolvemento do goberno céntrase en expandir institucións financeiras locais na construción dun sistema de telecomunicacións interno. Actualmente o país é sede dunhas 32 mil empresas, a maioría con negocios con Suráfrica, a India e a República Popular da China[1].

Grazas á implantación dunha zona franca, Mauricio converteuse nun local de importación, beneficiamento e reexportación de produtos. O turismo é outra actividade económica destacada.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 CIA. "The World Factbook". Arquivado dende o orixinal o 24 de decembro de 2018. Consultado o 5 de setembro de 2014. 
  2. CIA. "Real GDP (purchasing power parity)". The World Factbook (en inglés).