Eclipse solar do 20 de marzo de 2015

eclipse de Sol
(Redirección desde «Eclipse de Sol do 20 de marzo de 2015»)

O 20 de marzo de 2015[1] tivo lugar unha eclipse solar[2] total (sobre algúns lugares do Atlántico Norte) cunha magnitude de 1,045. en Galicia a máxima magnitude, no extremo noroeste, foi de 0,8[3]. A duración da totalidade, no mellor punto, foi de 2 minutos e 47 segundos, fronte á costa das Illas Feroe, 64°26′3″N 6°39′0″O / 64.43417, -6.65000.

Eclipse
Secuencia da eclipse solar do 20 de marzo de 2015. A notar que a totalidade remata no Polo Norte, así como que en Galicia será visible aproximadamente entre as 10 e as 12 da mañá, hora local.

Ó remate deste camiño, a sombra da Lúa afastouse da superficie da Terra pola zona polar. Coincidiu co día do equinoccio, cando o Sol estaba no horizonte polar e xorde despois do semestre de noite polar.

A eclipse puido verse dende Europa en diferentes graos de parcialidade segundo a latitude. Dende Islandia e Escandinavia foi case total, e total foi tamén ós 90º de latitude norte, no polo. Esta eclipse total de Sol foi xusto anterior a unha eclipse total de Lúa que ocorre 15 días despois, a Eclipse lunar de abril de 2015.

En relación á escala de tempo do ciclo metónico de 19 anos, esta eclipse total equinoccial foi a primeira dunha serie de tres eclipses totais equinocciais consecutivas separadas por 19 anos. Segundo o programa Stellarium, a próxima eclipse total en equinoccio ocorre no ano 2034 e é a máis precisa do terceto, pois poderase ver como total dende o ecuador, círculo do planeta no que nos equinoccios ao mediodía os raios do Sol inciden de xeito perpendicular. Esta eclipse equinoccial total de 2015 é a primeira da serie de tres nun período de 38 anos, 470 meses lunares, ciclos de fases ou ciclos sinódicos.

Percorrido editar

Animación do percorrido da sombra en secuencia de imaxes de 30 en 30 segundos:

 

Datos da eclipse en Galicia editar

En Galicia, os datos extremos[4] corresponden a:

A Guarda (comezo da eclipse en Galicia):

  • Inicio eclipse: 9 h 03 m 51 s (GTM + 1)
  • Máximo eclipse: 10 h 06 m 31 s
  • Fin eclipse: 11 h 14 m 39 s
  • Magnitude: 0,782
  • Obscurecemento: 73,4 %

Ribadeo (fin da eclipse en Galicia):

  • Inicio eclipse: 9 h 07 m 21 s
  • Máximo eclipse: 10 h 10 m 56 s
  • Fin eclipse: 11 h 19 m 50 s
  • Magnitude: 0,797
  • Osbcurecemento: 75,4 %

O máximo de magnitude en Galicia corresponde á zona entre Cedeira e Cariño, no concello de Cariño. Os datos para Cariño son:

  • Inicio eclipse: 9 h 07 m 11 s
  • Máximo eclipse: 10 h 10 m 34 s
  • Fin eclipse: 11 h 19 m 14 s
  • Magnitude: 0,805
  • Obscurecemento: 76,4 %

Galería de imaxes editar

Notas editar

  1. Total Solar Eclipse of 2015 Mar 20 NASA Consultado el 30 de octubre de 2009
  2. Total Solar Eclipse: March 20 2015 Consultado o 30 de octubre de 2009
  3. Instituto Geográfico Nacional. "Eclipse solar del 20 de marzo de 2015". Arquivado dende o orixinal o 09/03/2015. Consultado o 10/03/2015. 
  4. Instituto Geográfico Nacional. "Eclipse solar del 20 de marzo de 2015". Consultado o 10/03/2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar