Echo & the Bunnymen
Echo & the Bunnymen é unha banda inglesa de post-punk, formada en Liverpool en 1978. Os seus membros orixinais foron o vocalista Ian McCulloch, o guitarrista Will Sergeant e o baixista Les Pattinson, axudados por unha caixa de ritmos. No ano 1980 Pete de Freitas uniuse como batería, e o seu álbum de estrea, Crocodiles, foi aclamado pola crítica entrando no Top 20 británico. O seu segundo álbum, Heaven Up Here, novamente agradou á crítica e acadou o número 10 nas listas británicas de álbums. O status de culto da banda foi seguido polo éxito masivo a mediados dos anos 80, e conseguiron entrar no Top 10 británico co tema "The Cutter", e o seu correspondente álbum, Porcupine, acadaría o número 2 no Reino Unido. A súa seguinte edición, Ocean Rain, continuou co éxito nas listas británicas, e é considerado o seu álbum máis destacado, con sinxelos coma "The Killing Moon", "Silver" e "Seven Seas". Un novo álbum de estudio, Echo & the Bunnymen, foi editado antes de que McCulloch deixase a banda para comezar unha carreira en solitario en 1988. O ano seguinte de Freitas morreu nun accidente de moto, e a banda reapareceu cunha nova formación. Aos membros orixinais Will Sergeant e Les Pattinson uníuselles Noel Burke coma vocalista, Damon Reece na batería e Jake Brockman nos teclados. Esta nova encarnación editou Reverberation en 1990, pero tanto as críticas como as vendas remataron por desfacer a banda no ano 1992.
Echo & the Bunnymen | |
---|---|
![]() Echo & the Bunnymen no festival MTV Galicia | |
Orixe | Liverpool, Inglaterra ![]() |
Período | 1978 - 1992 1996 - presente |
Xénero(s) | post-punk, rock alternativo |
Selo(s) discográfico(s) | Zoo Records, Sire, Warner Bros., Euphoric, London Records, Cooking Vinyl, Ocean Rain |
Membros | Ian McCulloch Will Sergeant |
Antigos membros | Les Pattinson Pete de Freitas Noel Burke Jake Brockman Damon Reece |
Artistas relacionados | Electrafixion |
Na rede | |
http://www.bunnymen.com | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Despois de traballar xuntos coma Electrafixion, McCulloch e Sergeant reuníronse con Pattinson en 1997 e volveron coma Echo & the Bunnymen co tema "Nothing Lasts Forever". Un álbum con material novo, Evergreen, tivo un bo recibimento por parte da crítica e a banda tivo unha volta exitosa. Aínda que Pattinson deixou o grupo por segunda vez, McCulloch e Sergeant continuaron facendo novo material coma Echo & the Bunnymen, incluíndo os álbums What Are You Going to Do with Your Life? de 1999, Flowers do 2001, Siberia do 2005 e The Fountain' do 2009.
DiscografíaEditar
Álbums de estudioEditar
- Crocodiles - 1980 (Korova)
- Heaven Up Here - 1981 (Korova)
- Porcupine - 1983 (Korova, WEA, Sire)
- Ocean Rain - 1984 (Korova)
- Echo & the Bunnymen - 1987 (WEA, Sire)
- Reverberation - 1990 (WEA, Sire)
- Evergreen - 1997 (London)
- What Are You Going to Do with Your Life? - 1999 (London)
- Flowers - 2001 (Cooking Vinyl)
- Siberia - 2005 (Cooking Vinyl)
- The Fountain - 2009 (Ocean Rain)
- Meteorites - 2014 (429 Records)
EPsEditar
- Shine So Hard - 1981 (Korova)
- The Sound of Echo - 1984 (Korova)
- Life at Brian's – Lean and Hungry - 1984 (Korova)
- The Peel Sessions - 1988 (Strange Fruit Records)
- New Live and Rare - 1988 (WEA)
- World Tour E.P. - 1997 (PolyGram)
- Avalanche - 2000 (Gimme Music)
- Live from Glasgow - 2009 (Ocean Rain)