Eccleston, St Helens

Coordenadas: 53°27′14.04″N 2°46′29.28″O / 53.4539000, -2.7748000

Eccleston é unha vila e parroquia civil de Inglaterra, no distrito metropolitano de St Helens, no condado de Merseyside, Inglaterra.

A Christ Church de Eccleston

Xeografía editar

Segundo o censo de 2011, tiña nese ano unha poboación de 10 433 habitantes.[1]

Eccleston é unha das sete parroquias civís do municipio de St Helens, e unha das máis grandes, que abrangue os barrios de Eccleston Park, Gillars Green, Eccleston Mere, Eccleston Village e unha zona ao redor da autorestrada A580 East Lancashire Road.

Historia editar

Dentro dos límites do histórico condado de Lancashire, a historia temperá de Eccleston está marcada polo seu status como municipio, cunha superficie moito máis grande que a da parroquia civil moderna, que se estendía até o que hoxe é St Helens.[2]

Parte do municipio uniuse con Parr, Sutton e parte de Windle para formaren o actual municipio de St Helens en 1868.

Educación editar

Eccleston ten algunhas das mellores escolas primarias do municipio, incluíndo unha das tres principais escolas primarias, Eccleston Mere.[3] Outras escolas son St. Julie e Eccleston Lane Ends. O instituto De La Salle tamén está situado en Eccleston. Os colexios da zona teñen boas instalacións ao aire libre, informática, necesidades especiais e restauración.

Notas editar

  1. "Civil Parish population 2011". Arquivado dende o orixinal o 11 de outubro de 2016. Consultado o 17 de febreiro de 2022. 
  2. "Eccleston: Historical Boundaries". A Vision of Britain Through Time. Consultado o 17 de febreiro de 2022. .
  3. "St Julie's Catholic Primary Inspection Report" (PDF). Ofsted. July 2008. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 03 de marzo de 2016. Consultado o 17 de febreiro de 2022. .

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar