ESRO (satélites)

Conxunto de satélites científicos da ESRO.

Os satélites ESRO foron un conxunto de cinco satélites científicos pertencentes á antiga European Space Research Organization (ESRO) lanzados entre 1967 e 1972 mediante foguetes Scout.[1][2][3][4]

O ESRO 2B.

Segundo o modelo os satélites ESRO variaban en masa de 74 a 114 kg adicáronse tanto á astronomía como a investigacións coa dapa superior da atmosfera e a magnetosfera terrestres.[1][2][3][4]

Lanzáronse cinco satélites ESRO, dous deles fallados, desde a Base Vandenberg da Forza Aérea dos Estados Unidos mediante foguetes Scout.[1][2][3][4]

Historial de lanzamentos editar

Data[2][3][4] Rampla de lanzamento[2][3][4] Carga[2][3][4] Resultado[2][3][4] Notas[2][3][4]
30 de maio de 1967 Base Vandenberg ESRO 2A (Iris 1) Fallo Primeiro lanzamento dun satélite ESRO. A terceira etapa do foguete Scout fallou e o satélite non alcanzou órbita.
17 de maio de 1968 Base Vandenberg ESRO 2B (Iris 2) Éxito
3 de outubro de 1968 Base Vandenberg ESRO 1A (Aurorae) Éxito
1 de outubro de 1969 Base Vandenberg ESRO 1B (Boreas) Fallo parcial O foguete Scout deixou o satélite nunha órbita inferior á prevista, acortando a súa vida útil.
22 de novembro de 1972 Base Vandenberg ESRO 4 Éxito Último voo dun satélite ESRO

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 Mark Wade (2011). "ESRO" (en inglés). Consultado o 12 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 2,6 2,7 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ESRO 2A, 2B (Iris 1, 2)" (en inglés). Consultado o 12 de xaneiro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 3,5 3,6 3,7 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ESRO 1A, 1B (Aurorae, Boreas)" (en inglés). Consultado o 12 de xaneiro de 2013. 
  4. 4,0 4,1 4,2 4,3 4,4 4,5 4,6 4,7 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "ESRO 4" (en inglés). Consultado o 12 de xaneiro de 2013.