ERGIC
O compartimento intermedio retículo endoplasmático-Golgi ou ERGIC polas súas siglas en inglés (de Endoplasmic Reticulum-Golgi Intermediate Compartment), tamén chamado agrupamento vesicular-tubular ou VTC (do inglés vesicular-tubular cluster), é un orgánulo das células eucarióticas. Este compartimento, formado por vesículas e túbulos, media no tráfico de produtos entre o retículo endoplasmático e o aparato de Golgi, facilitando a clasificación e distribución do cargamento das vesículas que viaxan entre os dous orgánulos.[1] O compartimento foi descuberto en 1984,[2] e foi definido por primeira vez como a localización na célula da lectina de membrana que se une á manosa chamada ERGIC-53.[3]
Nos organismos mamíferos, as vesículas COPII que saen das zonas de evaxinación do retículo endoplasmático perden os seus recubrimentos e fusiónanse para formar o cluster vesicular-tubular (VTC) ou ERGIC. O transporte de volta (ou retrógrado) das vesículas COPI devolve de novo ao retículo endoplasmático moitas das proteínas residentes no retículo endoplasmático perdidas. O transporte de ida (ou anterógrado) move o contido do VTC á rede cis-Golgi, que é a cara receptora do aparato de Golgi.
Notas
editar- ↑ Appenzeller-Herzog C, Hauri HP (June 2006). "The ER-Golgi intermediate compartment (ERGIC): in search of its identity and function". J. Cell. Sci. 119 (Pt 11): 2173–83. PMID 16723730. doi:10.1242/jcs.03019.
- ↑ Marily G. Farquhar,George E. Palade (January 1998). "The Golgi Apparatus: 100 years of progress and controversy" (PDF). trends in Cell Biology 8 (1): 2–10. PMID 9695800. doi:10.1016/S0962-8924(97)01187-2. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de decembro de 2013. Consultado o 26 de novembro de 2014.
- ↑ Hauri HP, Kappeler F, Andersson H, Appenzeller C (February 2000). "ERGIC-53 and traffic in the secretory pathway". J. Cell. Sci. 113 (4): 587–96. PMID 10652252. Arquivado dende o orixinal o 13 de abril de 2020. Consultado o 26 de novembro de 2014.