Dvēseļu putenis

filme de 2019 dirixido por Dzintars Dreibergs

Dvēseļu putenis é un filme letón de 2019 dirixido por Dzintars Dreibergs.[1] Estreouse o 8 de novembro de 2019 en Letonia[3] e o 20 de febreiro de 2020 internationalmente.[4] O filme é unha adaptación da novela homónima de Aleksandrs Grīns que conta a historia dun soldado letón durante a primeira guerra mundial.[3] Foi escollido como candidato de Letonia para o Óscar ó mellor filme internacional na 93ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[5][6][7]

Dvēseļu putenis
Ficha técnica
Título orixinalDvēseļu putenis
Produtor
GuiónBoris Frumin[1]
Intérpretes
MúsicaLolita Ritmanis[1]
FotografíaValdis Celmiņš
MontaxeGatis Belogrudovs
Estrea8 de novembro de 2019
Duración
  • 120 minutos (versión nacional)[1]
  • 104 minutos (versión internacional)[2]
OrixeLetonia Letonia
XéneroDrama histórico
Na rede
https://www.dveseluputenis.lv/
IMDB: tt6084202 Rottentomatoes: m/blizzard_of_souls Editar o valor en Wikidata

Sinopse

editar

Despois de presenciar o asasinato da súa nai por tropas alemás invasoras, o adolescente de dezaseis anos Artūrs, xunto co seu pai, decide alistarse no batallón nacional letón do Exército Imperial Ruso co obxectivo de conseguir vingarse e atopar a gloria. Artūrs vai loitar na Fronte oriental, onde perde ó seu pai e irmán e axiña queda devastado. Posteriormente, Artūrs regresa ó seu país acabado de proclamar para loitar na guerra de independencia de Letonia e comezar de novo.

Personaxes

editar

Acollida

editar

Durante as cinco primeiras semanas logo da estrea o filme foi visto por máis de 200 000 persoas, sendo o filme letón máis visto dende a restauración da independencia de Letonia.[8][9][10]

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 "Blizzard of Souls". National Film Centre of Latvia. Arquivado dende o orixinal o 02 de abril de 2018. Consultado o 17 de decembro de 2019. 
  2. "Latvian film "Blizzard of Souls" goes to UK and China". Public Broadcasting of Latvia. 23 de xullo de 2020. Consultado o 23 de xullo de 2020. 
  3. 3,0 3,1 "Blizzard of Souls is a reminder that Latvia's freedom was never a given - director". The Baltic Times. 11 de novembro de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2019. 
  4. Balčus, Zane (20 de xaneiro de 2020). "Eyewell Picks Up Latvian BO Leader Blizzard of Souls". Film New Europe Association. Consultado o 25 de xaneiro de 2020. 
  5. "Latvia enters film Blizzard of Souls for Oscar awards". National Film Centre of Latvia. Consultado o 20 de novembro de 2020. 
  6. "Latvia submits Blizzard of Souls for the Oscars". The Baltic Course. 19 de novembro de 2020. Consultado o 19 de novembro de 2020. 
  7. "FNE Oscar Watch 2021: Blizzard of Souls to Represent Latvia in Oscar Race". Film New Europe Association. 20 de novembro de 2020. Consultado o 20 de novembro de 2020. 
  8. ""Blizzard of Souls" breaks Latvian box-office records". Public Broadcasting of Latvia. 16 de decembro de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2019. 
  9. Abbatescianni, Davide (17 de decembro de 2019). ""Blizzard of Souls" breaks Latvian box-office records". Cineuropa. Consultado o 17 de decembro de 2019. 
  10. "Blizzard of Souls breaks attendance record with 200,000 people seeing the film in five weeks". The Baltic Times. 17 de decembro de 2019. Consultado o 17 de decembro de 2019. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar