Ángel de Saavedra
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde outubro de 2015.) |
Ángel de Saavedra y Ramírez de Baquedano, máis coñecido polo seu titulo nobiliario Duque de Rivas, nado en Córdoba o 10 de marzo de 1791 e finado en Madrid o 22 de xuño de 1865, foi un dramaturgo, poeta e político español, coñecido polo drama romántico Don Álvaro o La fuerza del Sino.
Ángel de Saavedra | |
---|---|
Nome completo | Ángel de Saavedra y Ramírez de Baquedano |
Nacemento | 10 de marzo de 1791 e 19 de marzo de 1791 |
Lugar de nacemento | Córdoba |
Falecemento | 22 de xuño de 1865 |
Lugar de falecemento | Madrid |
Nacionalidade | España |
Ocupación | escritor, poeta, dramaturgo e político |
Cónxuxe | María de la Encarnación Cueto |
Fillos | Gonzalo de Saavedra y Cueto e Enrique de Saavedra |
Coñecido por | Don Álvaro o la fuerza del sino |
Premios | Cabaleiro da Orde do Vélaro de Ouro, Orde de Santiago e Ordem de São João |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
Traxectoria Editar
Estudou no Seminario de Nobres de Madrid durante once anos. Con só nove anos xa lle correspondía por descendencia a Cruz de Cabaleiro de Malta, a Bandeirola da Garda de Corps, o Hábito de Santiago etc. En 1807 foi alférez da Garda Real. Loitou con valentía contra as tropas napoleónicas sendo ferido na batalla de Ontígola. O Xeneral Castaños nomeouno capitán de Cabalería Lixeira. Obtivo tamén o título de axudante do Estado Maior.
En 1823, Rivas foi condenado a morte polas súas crenzas liberais e por participar no golpe de estado de Riego en 1820. Ademais confiscáronselle os seus bens e fuxiu cara a Inglaterra, despois pasou a Malta onde viviu cinco anos, marchando en 1830 a París. Despois da morte de Fernando VII, regresou a España ao recibir a amnistía reclamando a súa herdanza e o seu título, ademais en 1834 morreu o seu irmán máis vello e foille concedido o título de Duque de Rivas. Dous anos despois foi nomeado Ministro de Gobernación. Logo emigrou a Portugal por pouco espazo de tempo. Ao seu regreso foi elixido senador, alcalde de Madrid, embaixador e ministro plenipotenciario en Nápoles e Francia. Foi Presidente do Consello de Ministros durante un día, do Ateneo de Madrid e da Real Academia Española en 1865.
Obras Editar
Poesías Editar
Sonetos Editar
- A Lucianela
- A Dido abandonada
- Cual suele en la floresta deliciosa
- El álamo derribado
- Mísero leño
- Ojos divinos
- Receta segura
- Un buen consejo
Teatro Editar
- Aliatar (1816)
- Lanuza (1822)
- Florinda (1826)
- Arias Gonzalo (1827)
- El desterrado
- Viaje al Vesubio
- Los Hércules
- El parador de Bailén
- El hospedador de provincia
- El duque de Aquitania
- El faro de Malta (1828)
- Don Álvaro o la fuerza del sino (1835)
- Tanto vales cuanto tienes (1840)
- La morisca de Alajuar (1841)
- El desengaño en un sueño (1842)
- La azucena milagrosa (1847)
- El crisol de la lealtad
Reinado de Isabel II de España | ||
---|---|---|
Segue a: Fernando Fernández de Córdova |
Ángel de Saavedra | Precede a: Baldomero Espartero |
Presidente do Goberno de España |