Duopolio
Un duopolio é unha forma de oligopolio na cal existen dous produtores dun ben nun mercado. En economía estudase como unha forma de oligopolio dada a súa simplicidade.
Modelos de duopolioEditar
Existen principalmente dous tipos de duopolio:
- O modelo de duopolio de Antoine Augustin Cournot, o cal mostra que dous produtores reaccionan, cada un aos trocos na produción (cantidade producida) da outra, ata que ámbalas dúas chegan a un Equilibrio de Nash.
- O modelo de duopolio de Bertrand, no cal, entre dous produtores, cada un asumirá que a outra non trocará os seus prezos en resposta a súas baixas de prezos. Cando ambas usan esta estratexia, acadan un Equilibrio de Nash.
Cando os dous produtores pactan un prezo común se chama duopolio colusorio e o resultado sería semellante, dende o punto de vista dos consumidores, a unha situación de monopolio.