Dunmurry

Dunmurry (do irlandés Dún Muirígh, que significa "fortaleza de Murry"[1]) é unha townland localizada no condado de Antrim, Irlanda do Norte, entre as cidades de Belfast e Lisburn. En abril de 2015, Dunmurry foi incorporada a Belfast, sendo transferida ao concello daquela cidade no ámbito das reformas do goberno local.[2]

Kingsway, Dunmurry.

Dunmurry ten as súas propias tendas e escolas, unha escola secundaria situada na River Road en Seymour Hill, e tamén posúe igrexas e outras amenidades modernas. Dunmurry é flanqueada polo río Lagan que, malia ser canalizado, aínda mantén a atmosfera dun tranquilo canal rural.

Dunmurry foi o lugar escollido para construír a fábrica da DeLorean Motor Company en 1980, onde foi fabricado o coche deportivo DMC DeLorean,[3] famoso pola súa aparición na triloxía de filmes Back to the Future.

DeporteEditar

  • O Club de cricket de Dunmurry xoga na NCU Senior League.
  • Dunmurry Recreation F.C., comunmente máis coñecido como Dunmurry Rec.
  • Dunmurry Young Men F.C.
  • Iveagh United F.C.
  • Club de golf de Dunmurry.
  • Eire Og Derriaghy.

NotasEditar

  1. "Placenames NI". Arquivado dende o orixinal o 17 de marzo de 2012. Consultado o 26 de xaneiro de 2021. 
  2. "Local government reform - Belfast City Council". www.belfastcity.gov.uk. 
  3. Bright future at old DeLorean plant in Belfast. www.irishtimes.com.