Dulce María Espinosa Saviñón

actriz mexicana

Dulce María Espinosa Saviñón, nada na Cidade de México o 6 de decembro de 1985, é unha actriz é cantante mexicana.

Infotaula de personaDulce María Espinosa Saviñón

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento6 de decembro de 1985 Editar o valor em Wikidata (38 anos)
Cidade de México Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeMéxico Editar o valor em Wikidata
EducaciónCentro de Educación Artística (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónactriz , actriz de televisión , cantautora , escritora , poeta , cantante , compositora , actriz de cinema Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1990 Editar o valor em Wikidata -
Membro de
RBD (pt) Traducir Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoMúsica pop Editar o valor em Wikidata
Pseudónimo literarioDulce María, Dul Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata
TesituraMezzosoprano Editar o valor em Wikidata

InstrumentoGuitarra e voz Editar o valor em Wikidata
Selo discográficoSony Music Editar o valor em Wikidata

Páxina webdulcemaria.com.mx Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0555902 Facebook: dulcemariaoficialfb Twitter: DulceMaria Instagram: dulcemaria Youtube: UCwsYvBbWfLjm7p8ZPNAO6lg Spotify: 6kaefrHSdAvxhhCVDFTCEL iTunes: 266013979 Last fm: Dulce+María Musicbrainz: f07d2a0a-955f-4adc-b70a-7aba348f343d Songkick: 1040949 Discogs: 1940132 Deezer: 543155 Editar o valor em Wikidata
Dulce María.

Traxectoria editar

Ao igual que outras colegas da súa xeración (Anahí, Zoraida Gómez, Irán Castillo, Sherlyn, entre outras) iniciou a súa carreira artística moi nova, aos oito anos participou por primeira vez en televisión, dentro do programa Plaza Sésamo. Tamén fixo as súas primeiras aparicións en "El club de Gaby".

En 1996 integrouse no grupo infantil KIDS, co cal logrou o éxito cos temas "La mejor de tus sonrisas" e "Prende el Switch", entre outros; en 1999, cando se disolveu o grupo, integrou un dueto con outro ex-KIDS, Daniel Habif, nomeado D&D, gravando cinco temas musicais, os cales nunca se deron a coñecer publicamente. Nos seguintes tres anos, a xove actriz actuou en diversas telenovelas como No tengo madre -a antinovela de Eugenio Derbez- e Huracán (1998), Infierno en el Paraíso, Nunca te olvidaré (ambas de 1999), DKDA Sueños de juventud, Primer amor e Siempre te amaré (do ano 2000).

A finais do ano 2000 integrouse no grupo Jeans cubrindo a intérprete arxentina -e hoxe condutora- Angie. Unicamente gravou co grupo o álbum Cuarto para las cuatro I (2001); saíu do grupo no ano 2002.

Ese mesmo ano retomou o seu paso actoral como protagonista de Clase 406, interpretando a "Marcela"; nesta novela compartiu créditos xunto a Aarón Díaz, Alfonso Herrera con quen tivo unha relación sentimental, Irán Castillo e Sherlyn, sendo a telenovela mais exitosa do ano 2003.

En 2004 Pedro Damián volveuna chamar para ser parte do elenco da telenovela Rebelde. O seu éxito chegou a moitos países, chegándose a transmitir en case toda América, algúns países europeos, así como países de Oriente. A vez que esta, formouse o grupo pop RBD, co cal xunto cos seus compañeiros Anahí, Maite, Alfonso, Christopher e Christian, lanzaron 3 álbums en estudio en español (Rebelde, Nuestro Amor e Celestial), un en portugués para o mercado brasileiro, un en inglés para o anglosaxón e dous en vivo.

A finais do 2006 recibiu a proposta de Televisa para protagonizar a versión mexicana de Floricienta (Lola, érase unha vez) pero debido aos diversos compromisos con RBD non puido participar no proxecto que na actualidade protagoniza a actriz debutante Eiza Gonzáles.

Véxase tamén editar