Duel en enfer

novela de Bob García

Duel en enfer: Sherlock Holmes contre Jack l'Éventreur[1] (Duelo no inferno: Sherlock Holmes contra Jack o Destripador) é unha novela de Bob García[2] publicada en novembro de 2008 por Éditions du Rocher.[3]

Duel en enfer
Autor/aBob García
Orixe Francia
LinguaFrancés
Tema(s)investigación histórica, análise criminolóxico, asasinos en serie.
Xénero(s)Novela policíaca
EditorialÉditions du Rocher
Data de pub.Novembro 2008
FormatoImpreso
Páxinas441
editar datos en Wikidata ]

O escritor imaxinou unha investigación levada a cabo por Sherlock Holmes[4] en 1888, coa finalidade de identificar ao célebre asasino coñecido co pseudónimo de Jack o Destripador. É grazas ao diario íntimo do Doutor Watson, fiel cronista na ficción das aventuras do famoso detective, que o lector pode descubrir a evolución e o resultado desta investigación.[5]

Vínculos co caso de «Jack o Destripador» editar

Elementos evocados na investigación editar

Nesta novela non todo é ficción. Sherlock Holmes[6] enfróntase a circunstancias e feitos que verdadeiramente formaron parte do asunto de «Jack o Destripador» en 1888, polo que case podería dicirse que se trata dunha novela histórica. De todas as maneiras, a maioría dos elementos que os ripperólogos consideran como indicios e feitos cun vínculo directo co caso, na novela son frecuentemente considerados por Holmes coma falsas pistas.

En efecto, neste marco Holmes[7] conclúe que o asasinato de Elizabeth Stride habitualmente atribuído ao «asasino de Whitechapel» foi en realidade cometido por outra persoa, sen vínculo directo co asasino en serie. Ademais, a inscrición encontrada nun muro de Goulston Street a noite da morte de Elizabeth Stride e de Catherine Eddowes, que aínda é discutida no seo da comunidade de ripperólogos, tamén é considerada polo detective de ficción como un falso indicio. Así mesmo, o pedazo de saia atopado ao pé desa inscrición tamén é considerado por Holmes coma sen relación co caso, o que resulta moi pouco probable na realidade, xa que no curso da verdadeira investigación da época foi ben estabelecido que dito xénero pertencía á vestimenta que realmente levaba Eddowes cando foi asasinada.

Pola súa parte, a carta «Dear Boss» asinada «Jack o Destripador» da que tanto se falou, dende fin de setembro de 1888, é considerada na novela coma un engano dun periodista de nome «Thomas Bulling».[8] Recórdase que a día de hoxe, a tese que sostén que Bulling sería o autor da citada carta, é xeralmente aceptada por quen se interesan nestas cuestións. Así mesmo e na novela, a carta «From Hell» tamén é considerada coma unha broma de mal gusto tramada por unha persoa con algún tipo de alteración ou de retardo, o que coincide co que xeralmente establecen os estudos serios sobre os feitos de 1888.

Teoría sobre a identidade do asasino en serie editar

Na novela,[9] Bob García pon en valor unha tese raramente evocada en relación coa identidade do asasino en serie chamado «Jack the Ripper». En efecto, despois de que Holmes recopilase datos e realizase investigacións sobre certos sospeitosos realmente involucrados co caso (por exemplo, John Pizer ou a banda de rufiáns Old Nichol Gang[10]), o detective terminou por descubrir que o asasino era un adolescente cuxa verdadeira identidade era practicamente imposible de determinar con exactitude.

A historia particularmente sórdida deste mozo, proporciona na novela un motivo plausible para cometer eses crimes. En efecto, seu pai sucumbiu a unha grave enfermidade cando seu fillo contaba apenas cuns poucos anos de idade. Pola súa parte súa nai, sen recursos, entón viuse obrigada a aloxarse en compañía de seu fillo e de súa filla nun edificio londiniense que non foi outro ca un bordel. Obviamente para poder subsistir e pagar o alugueiro, esta muller non tivo outra opción que prostituírse, obrigando logo aos seus novos fillos a seguir polo mesmo camiño.

Pero talvez o real suceso que veu a traumatizar definitivamente o pobre mozo, converténdoo máis tarde nun brutal asasino, desenvolveuse repentinamente durante unha determinada noite, na bodega daquela casa de compracencia. En efecto, a nai daquel neno entón estaba embarazada, e a encargada do lugar decidiu que o mellor era provocar o aborto, pero por total desorientación ou simple gusto polo horror, este aborto forzado desenvolveuse de forma brutal e inhumana. O baixo ventre da muller foi cortado para así recuperar o feto en formación, e sen recorrer neste procedemento ao que son as vías naturais. E o mozo, consternado, asistiu a esta terrible escena, que non tivo outro resultado que a morte da desgraciada por causa desta operación sumaria feita sen a debida asepsia.

Pouco tempo despois destes feitos, os dous nenos lograron escapar do bordel. Posteriormente, o mozo foi finalmente acollido nun ambiente familiar onde o consideraron coma un fillo. Mais a pesar desas mellores condicións xunto a estes pais adoptivos, a infancia traumatizante e desgraciada pesou grandemente no adolescente e no adulto novo, a tal punto de sufrir un incontrolable desexo de vinganza, que o impulsaba a matar e logo a destripar prostitutas do barrio de Whitechapel, dunha maneira similar ao que súa nai debeu pasar naquela noite terrible.

Cando Holmes finalmente logrou terminar a súa investigación identificando aquel rapaz como o asasino en serie, este atopábase entre a vida e a morte, pois seu pai adoptivo decidiu eliminalo tras descubrir as terribles actividades nocturnas do seu pupilo. Polo menos na novela, o mozo morreu antes que o detective puidese obter del máis informacións ou unha confesión formal. E ao preguntar aos pais adoptivos sobre a verdadeira identidade daquel que aloxaron e protexeron durante varios anos, estes confesaron que non o sabían con exactitude, pois polo vivido, o mozo gardaba unha prudente reserva. Así pois, a identidade exacta do asasino non puido ser xamais confirmada, segundo a trama desenvolvida por Bob García.

Alusión á SSHF editar

Bob García deslizou na súa novela unha referencia á Société Sherlock Holmes de France - SSHF (Sociedade Sherlock Holmes de Francia), da que o nomeado é membro. En efecto, na páxina 318 da edición orixinal, Holmes e Watson necesitan unha falsa identidade, e o detective explica a Watson que finxirá ser un tal «Terry Saint Johns». Pouco despois, na páxina 323, Watson interroga o seu amigo sobre a orixe dese falso nome, e o detective explica que inventou esta identidade baseándose no nome dun dos seus curmáns franceses chamado Thierry Saint-Joannis. En realidade, Thierry Saint-Joannis[11] é o nome do presidente[12] da citada "Société Sherlock Holmes de France".[13]

Edicións da novela editar

Ata a data, dúas edicións desta historia se editaron en francés, segundo o seguinte detalle:

Notas editar