Abrir o menú principal

Drive Like Jehu é unha banda estadounidense de post-hardcore procedente de San Diego (California). Formárona en 1990 o guitarrista e vocalista Rick Froberg e o guitarrista John Reis tras a separación do seu grupo Pitchfork, e nela tamén estaban o baixista Mike Kennedy e o batería Mark Trombino. A súa música caracterizábase por composicións multiseccionadas, patróns de guitarra entrelazados, construcións orquestradas e melodías elípticas que producían un distintivo son entre outros grupos de post-hardcore e tivo efecto na evolución do hardcore punk cara o emo.[1]

Drive Like Jehu
Drive Like Jehu 2014-08-31.JPG
Drive Like Jehu en 2014
OrixeSan Diego (California), Flag of the United States.svg
Período1990 - 1995
2014 - presente
Xénero(s)post-hardcore, emo, math rock
Selo(s) discográfico(s)Cargo, Headhunter, Merge, Interscope, Swami
MembrosRick Froberg
Mike Kennedy
John Reis
Mark Trombino
Páxina webhttp://drive-like-jehu.com/

Tras publicar o seu epónimo álbum de estrea en 1991 a través dos selos locais Cargo Music and Headhunter Records, Drive Like Jehu asinou un contrato con Interscope Records xunto coa outra banda de Reis, Rocket from the Crypt. O seu segundo traballo, Yank Crime (1994), conseguíu un seguimento de culto, pero o grupo separouse pouco despois.[1] Reis continuou con Rocket from the Crypt e Trombino converteuse nun exitoso produtor discográfico e enxeñeiro de son, mentres que Froberg e Kennedy seguiron carreiras fóra da músia.[1] Dende 1999 a 2005 Reis e Froberg reuníronse en Hot Snakes, e Reis reeditou Yank Crime a través do seu selo Swami Records.[1] No ano 2014 Drive Like Jehu reuníuse para realizar varios concertos.

Índice

DiscografíaEditar

Álbum Ano Selo
Drive Like Jehu 1991 Cargo, Headhunter
Yank Crime 1994 Interescope

NotasEditar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 Huey, Steve. Allmusic, ed. "Drive Like Jehu". Consultado o 17 de febreiro de 2017. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar