Dragsphere foron un par de satélites artificiais dos Estados Unidos.[1][2]

Características editar

Os dous satélites Dragsphere eran esferas co mesmo diámetro pero distinta masa (0,9 kg Dragsphere 1 e 9,5 kg Dragsphere 2) construídos polo Laboratorio de Investigación Naval dos Estados Unidos de América. Foron lanzados ao mesmo tempo nun foguete Thor Ablestar o 6 de outubro de 1964 xunto co satélite Transit a unha órbita duns 1000 km de altura. Ambos Dragsphere son satélites pasivos usados para medir os efectos do arrastre atmosférico en órbitas altas.[1][2]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2023). "Dragsphere 1, 2" (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de 2023. 
  2. 2,0 2,1 Gunter Dirk Krebs (2023). Gunter's Space Page, ed. "Dragsphere 1, 2" (en inglés). Consultado o 19 de xaneiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar